Emden, Robert

Emden, Robert

Físico suízo. Foi profesor de física e meteoroloxía na Technische Hochschule de Múnic (1907) e profesor honorario da Universität München (1928). Traballou na aplicación da termodinámica nos campos da xeofísica e da astrofísica. Desenvolveu a teoría dos gases politrópicos e as súas aplicacións ao estudo da estrutura estelar, e deu solucións numéricas do modelo convectivo e do modelo de Eddington. Foi un dos membros fundadores da publicación Zeitschrift für Astrophysik (1930) e o autor de Gaskugeln (1907).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sankt Gallen

  • Deceso

    Lugar : Zúric