"Ems" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

    1. Radiación electromagnética emitida ao ser decelerada (freada ou deflectida) unha partícula cargada, de alta enerxía, cando atravesa a materia. Gracias ao acelerador de partículas, foi posible producir e estudar a radiación de freada orixinada pola difusión (scattering) de partículas con muóns, pións e protóns. Cando a bremsstrahlung se produce como consecuencia dunha emisión β ou dunha captura electrónica, fálase de bremsstrahlung interna; no resto dos casos, de bremsstrahlung externa. Cando o campo que causa a freada é un campo magnético, fálase de bremsstrahlung magnética, aínda que é máis corrente falar da radiación de sincrotrón (cando as velocidades son relativistas) e da radiación de ciclotrón (cando non o son).

    2. Colisión inelástica entre un fotón e un electrón no campo dun ión, coa conseguinte absorción da enerxía do fotón polo electrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Kirk Douglas, estudiou letras na Saint Lawrence University e interpretación na American Academy of Dramatic Art. A principios da década dos corenta debutou en Broadway con papeis secundarios. Comezou no cine con pequenas aparicións en The Strange Love of Martha Ivers (O estraño amor de Martha Ivers, 1946) e Out of Past (Retorno ao pasado, 1947). Durante os anos cincuenta e a primeira metade dos sesenta protagonizou gran cantidade de películas, entre as que destacan Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), The Big Carnival (O grande entroido, 1951), The Big Sky (Río de sangue, 1952), Man Without a Star (A pradería sen lei, 1955), Lust for Life (O tolo de pelo vermello, 1956), Paths of Glory (Sendeiros de gloria, 1957) ou Spartacus (1960). Tamén participou noutros títulos como The Arrangement (O compromiso, 1969), The Fury (A furia, 1978),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Alemaña que nace ao S do bosque de Teutoburger, preto de Münster, e que desemboca despois dun percorrido de 371 km en Emden, no mar do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telegrama que provocou o incidente diplomático que desencadeou a guerra entre Francia e Prusia (1870). O incidente orixinouse cando Bismarck mandou publicar na Gaceta de Colonia o texto adulterado do telegrama oficial sobre a visita dun delegado de Napoleón III á cidade de Bad Ems para solicitarlle a Guillerme I de Prusia a renuncia do príncipe Leopoldo de Hohenzollern como candidato ao trono de España, que estaba vacante dende o ano 1868. Francia aproveitou a ocasión para declarar a guerra, feito que perseguía Bismarck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estado (ou idade) do Devónico inferior, logo do Coblenziano, hai 390,4 millóns de anos, caracterizado por comunidades de bivalvos como Pholadella, Pleurodopis e Nuculites e trilobite como Sanguinolites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Emsiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión pantanosa da Baixa Saxonia, Alemaña, situada entre o curso baixo do río Ems e a fronteira cos Países Baixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador neerlandés. En Italia (1532-1536) asimilou o manierismo da escola romana, e en Haarlem, desde 1637, executou cartóns para tapices e vidreiras, e pintou retratos e naturezas mortas. Destaca o Retablo da Paixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Audrey Hepburn, obtivo un Oscar en 1953 por Roman Holiday. Participou en numerosos filmes, dos que destacan, Sabrina (1954), War and Peace (1956), Breakfast at Tiffany’s (1961), My Fair Lady (1964), Two for the Road (1966) ou Always (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de coloración dos elementos sanguíneos, no que os eritrocitos toman unha cor rosada máis intensa nas marxes, os núcleos dos leucocitos tínguense de violeta púrpura e as granulacións aparecen pequenas e purpúreas, agás nos eosinófilos, onde son alaranxadas e refrinxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. A súa obra, satírica, centrouse na observación das clases acomodadas da súa época. Escribiu sobre todo novelas, como Tys’ača duš (Mil almas, 1858), en que amosa de forma sombría os costumes rusos nunha época previa á abolición da servidume; e Meščane (Os pequenoburgueses, 1877), aínda que tamén destacou no xénero dramático coa súa obra Gorkaja sud’ba (Un destino amargo, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Wetsfalia, Alemaña, situada preto do río Wupper (120.125 h [2000]). A principal actividade é a fabricación de ferramentas. A industria siderúrxica está presente desde finais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta épico. Coñecido tamén como Rudolf von Montfort, foi un dos autores máis fecundos do s XIII. Da súa obra destacan Der gute Gerhard (O bo Gerhard) e Barlaam und Josaphat, ambas as dúas obras baseadas en textos latinos de intención edificante; Alexander (1235?), Willehalm von Orlens (Guillerme de Orleans, 1240?) e Weltchronik (Crónica universal, 1250-1254).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baixa Saxonia, Alemaña, na costa noroeste do golfo de Jade, no mar do Norte (90.200 h [1990]). Ten estaleiros e industria téxtil e de máquinas de escribir (Olympia). Porto pesqueiro e comercial, foi construído en 1859 como porto militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filólogo flamengo. Considerado o iniciador do movemento flamengo, dedicouse ao estudo do neerlandés. Das súas obras destaca, en dous volumes,   Verhandeling over de nederduytsche tael- en letter-kunde (Tratado sobre a filoloxía e a literatura neerlandesas, 1819-1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital das Antillas Holandesas (197.019 h [estim 1993]). Está situada na costa sur da illa de Curaçao, na baía de Schottegat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea consultiva rusa dos ss XVI e XVII. Presidida polo tsar e integrada por autoridades eclesiásticas, o consello dos boiardos, membros das clases populares e homes libres das cidades, foi convocada a miúdo en tempos de Iván IV, pero perdeu importancia a partir de 1622.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División territorial e institución de autogoberno das terras campesiñas da Rusia europea introducida polo goberno ruso en 1864. Eliminouse en 1917.

    VER O DETALLE DO TERMO