Danielovitch Demsky, Issur
Actor cinematográfico. Coñecido como Kirk Douglas, estudiou letras na Saint Lawrence University e interpretación na American Academy of Dramatic Art. A principios da década dos corenta debutou en Broadway con papeis secundarios. Comezou no cine con pequenas aparicións en The Strange Love of Martha Ivers (O estraño amor de Martha Ivers, 1946) e Out of Past (Retorno ao pasado, 1947). Durante os anos cincuenta e a primeira metade dos sesenta protagonizou gran cantidade de películas, entre as que destacan Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), The Big Carnival (O grande entroido, 1951), The Big Sky (Río de sangue, 1952), Man Without a Star (A pradería sen lei, 1955), Lust for Life (O tolo de pelo vermello, 1956), Paths of Glory (Sendeiros de gloria, 1957) ou Spartacus (1960). Tamén participou noutros títulos como The Arrangement (O compromiso, 1969), The Fury (A furia, 1978), The Secret (O segredo, 1992), Greedy (1994), e Diamonds (Diamantes, 1999). En 1996 recibiu un Oscar honorífico pola súa traxectoria profesional.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Amsterdam, Nova York