"Esgos" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que lle dá nome ao concello de Esgos e é a súa capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia de Ourense, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Nogueira de Ramuín, ao S cos de Paderne de Allariz e Maceda (ambos os dous na comarca de Allariz-Maceda), ao L con Xunqueira de Espadanedo (Allariz-Maceda) e ao O co do Pereiro de Aguiar (Ourense). Abrangue unha superficie de 37,8 km2 cunha poboación de 1.259 h (2007), distribuídos nas parroquias de Esgos, Loña do Monte, Os Pensos, Rocas, Santa Olaia de Esgos, Triós e Vilar de Ordelles. Con respecto á división parroquial cómpre mencionar que Triós, Loña do Monte e Os Pensos teñen repartido o seu territorio entre dous concellos: no caso de Loña do Monte, a maior parte da parroquia e a súa cabeceira localízanse no concello de Nogueira de Ramuín; a cabeceira da parroquia de Triós está no concello do Pereiro de Aguiar; e un terzo do territorio dos Pensos pertence ao concello de Xunqueira de Espadanedo. A capital municipal é a vila de Esgos, na parroquia homónima,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Esgos. Construída no s XVI, ten planta de cruz latina. No interior destaca o retablo maior composto por tres corpos con fornelas que acollen as diversas imaxes, entre as que destaca a da Virxe. A fachada ten unha porta de arco de medio punto coa moldura de baqueta grosa e, sobre ela, un óculo. O conxunto remata cunha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Esgos baixo a advocación de santa Olaia.

    VER O DETALLE DO TERMO