"Esopo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Fabulista grego. Residiu en Samos como escravo e viaxou moito co seu último amo, o filósofo Xanto. Popular en Atenas, converteuse nun personaxe lendario como o testemuña a Vida de Esopo, obra composta no s IV a C por Planudo. Fóronlle atribuídas moitas fábulas de carácter alegórico e moral, en que personificaba animais, que se transmitiron de forma oral e exerceron unha grande influencia na literatura medieval e renacentista. A primeira recollida parece que a realizou Demetrio de Faleron no s IV; trátase dunha colección de 400 fábulas escritas en koiné, que inspiraron a autores da antigüidade tardía, como Babrias (poeta grego que as recreou en verso no s II a C) ou Fedro (poeta romano que as rescribiu e vulgarizou en latín no s I), e fabulistas medievais e posmedievais, como Jean de La Fontaine, en Francia, no s XII, ou Félix María de Samaniego, en España, no s XVIII. En 1480 Steinhöwel publicou unha edición en alemán e latín, orixe dos Isopetes escritos en linguas romances....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do O de Asia comprendida entre o Tigris e o Éufrates. Está dividida en dúas partes, a sur, historicamente máis importante, que se estendía por Iraq, e a norte, por Siria e Turquía. Está limitada ao N polas montañas de Armenia, ao SL polo Golfo Pérsico, ao L polo sistema montañoso de Zagros e ao O polo deserto de Siria.
    As orixes: os períodos prehistórico e protohistórico
    A historia de Mesopotamia documentouse entre 10000 a C e 637, data da conquista musulmá. O período máis importante situouse entre 3100 e 538 a C, durante o que foi berce das civilizacións sumeria, babilónica e asiria. Pola súa excelente posición xeográfica e a súa riqueza agrícola, foi cobizada por tribos nómades como os guti, amoritas, hurritas, casitas e arameos. Durante o período prehistórico (10000-3100 a C), o N de Mesopotamia contou cos xacementos e as culturas máis antigas: Jarmo, onde para moitos prehistoriadores se iniciou a Revolución Neolítica; as culturas de Samarra e a de Tall...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do NL de Arxentina, no límite con Brasil e Uruguay (194.216 km2). É unha chaira moi pouco accidentada, limitada polos ríos Paraná, Iguazú e Uruguay. Comprende as provincias de Corrientes, Entre Ríos e Misiones, na rexión administrativa de Litoral. As principais riquezas son o mate e a madeira. Os principais cultivos son o arroz e os cítricos. Os núcleos de poboación están situados na beira dos ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Mesopotamia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Mesopotamia.

    3. Arte desenvolvida en Mesopotamia. A escaseza de pedra e madeira fixo que o material máis empregado fose o barro e que se desenvolvesen o tapial, o adobe e o ladrillo. Coa disposición radial deste apareceu o arco, e coa súa sucesión a bóveda. Os diversos pobos establecidos no territorio (acadios, asirios, babilonios e sumerios) mostraron as súas diferenzas nas formas artísticas. Os sumerios construíron templos de planta rectangular ou cuadrangular, erixidos sobre plataformas, cun ou varios patios interiores, como o de Uruk. A finais do III milenio creouse o cigurat, torre de chanzos de forma piramidal que acolle un templo na súa parte superior, do que destaca o de Ur. Da arquitectura babilónica é característica a construción de palacios, entre eles o de Mari, e da época asiria o palacio de Sargón. Os asirios destacaron tamén na planificación urbana, e consérvanse esculturas en vulto redondo e en relevo. Mentres que a escultura sumeria é de carácter relixioso, a asiria ten unha función política...

    4. Conxunto de literaturas desenvolvidas en Mesopotamia, que comprenden a sumeria, escrita nesta lingua, e a asirio-babilónica, escrita en asirio e babilónico. Consérvase basicamente en táboas de arxila. Nas composicións emprégase unha linguaxe metafórica, elegante e chea de elementos repetitivos. Das súas características destacan a preponderancia da  poesía sobre a prosa,  o predominio da épica e da mitoloxía  sobre os outros xéneros, a presenza da relixión e da maxia, a obsesión pola inmortalidade e a vida no mundo inferior, a concepción do home como guerreiro destinado polos deuses ao cumprimento dun destino fatal e o anonimato da obra literaria. Por outra banda, tamén se tratan temas relacionados coas ocupacións cotiás dos mesopotámicos, especialmente o pastoreo e os cultivos agrícolas. Das obras cómpre salientar o poema épico de Gilgameš, onde  se narran acontecementos da vida deste rei de Uruk e do seu amigo Enkidu, creado polos deuses para opoñerse a el, e onde aparece a lenda do diluvio;...

    5. Relixión propia da antiga Mesopotamia. Componse basicamente da sumeria, modificada polos babilonios e os asirios e caracterízase polo politeísmo, a importancia de culto e a forte xerarquización do panteón. Entre as divindades sumerias, destacaba a tríade de deuses maiores composta por Anu (o Ceo ou o firmamento, o pai dos deuses), Enlil (o aire, fillo de Anu e deus do destino) e Enki (a terra ou o mar, deus do océano subterráneo e da profundidade). Cando os acadios acadaron o poder con Sargón I de Acad, adoptaron as mesmas deidades e cambiáronlles os nomes e, co tempo, a relixión babilónica impúxose sobre as crenzas asirias. As divindades babilónicas formaban a tríade de deidades astrais composta por Šamaš (o Sol, deus da xustiza), Sin (a Lúa) e Ištar (a estrela Venus, deusa do amor e da guerra). Cando apareceron os estados unitarios a partir do s II a C produciuse unha xerarquización dos deuses e cada estado escolleu o seu deus protector. Destacaron Assur en Asiria, Marduk en Babilonia,...

    VER O DETALLE DO TERMO