"Freixanes" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
GALICIA
Escritor e xornalista. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como catedrático de Lingua e Literatura Galegas de ensino medio e foi profesor titular da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador en diversas publicacións como Informaciones, Tintimán, Boletín galego de literatura, Tempos novos, Revista galega de ensino, Chan, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos para el diálogo, A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Ya, foi director, produtor, guionista e presentador do programa da TVG A trabe de ouro e mais da serie O ghalegho é útil para a mesma compañía. Colaborador fixo e responsable das áreas culturais da programación de Radio Popular de Vigo (COPE), foi responsable da galeguización da FM en Radio Popular de Vigo e os informativos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse nas escolas de belas artes de Bilbao e Madrid, onde se licenciou en 1978. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do ministerio de Cultura. Foi profesor da facultade de Belas Artes da Universidad de Granada e deseñador da colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais de Galicia. As súas primeiras obras encádranse na figuración expresionista característica da pintura galega dos oitenta; despois evolucionou cara a unha estilización, onde a cor e a materia pictórica acadaron o protagonismo, e unha maior sintetización. Aínda que a súa obra ten un carácter conceptual, non é plenamente informalista. Gusta dos fondos neutros sobre os que sitúa os obxectos e, ás veces, elementos propios da colaxe. Emprega unha pincelada ancha que provoca a aparencia de bosquexo e de ser unha obra inacabada. A mediados dos anos noventa levou a cabo proxectos nos que integrou a obra no espazo arquitectónico. Entre outras obras destaca Camiño de santidade (1985), Dama oferente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, unha faixa de azul, perfilada de ouro, acompañada, no alto, dunha flor de lis, de prata, e no baixo, dunha estrela, de ouro. Recóllese adoito coa forma castelanizada Freijanes.