"Galia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • Enfermidade orixinada pola existencia dun tumor hipofítico produtor da hormona do crecemento. Caracterízase polo crecemento das mans, dos pés, do queixo e, en xeral, de todas as partes distais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista da Associaçom Galega da Língua. Case 7000 páxinas e catorce anos de edición ininterrompida fan da Agália un exemplo case singular no panorama das revistas galegas, como defensora da norma de AGAL ou doutras normas cultas do sistema lingüístico galego-portugués. Dirixida pola Profª Drª Mª do Carmo Henríquez Salido, forman parte do seu conselho de redacçom, Isaac Alonso Estravís, José R. Chantada Acosta, Óscar Díaz Fouces, Carlos Garrido, Jenaro Marinhas del Valle, César Morám Fraga, J. Carlos Quiroga, Joám C. Rábade Castinheira, Henrique Rabunhal Corgo, José Luís Rodríguez Fernández e José A. Souto Cabo. Desde o seu primeiro número (1985) a revista aspira a ser unha publicación cultural galega non especializada e destinada aos galegos e aos outros membros da nosa comunidade lingüística galego-portuguesa. Agália defende e difunde o idearium da propia AGAL, combinando nacionalismo e reintegracionismo desde Manuel Murguía a Rafael Dieste ou Castelao ata o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor andaluz. Foi un dos líderes do Pronunciamento de Cabezas de San Juan (1820). Durante o Trienio Liberal ou Constitucional (1820-1823) pertenceu ao grupo dos ‘exaltados’. Foi Ministro de Mariña con Istúriz e de Fomento con Narváez. Interveu no nome dos ‘clasicistas’ na controversia Böhl-Faber (1818-1919). Máis adiante escribiu o prólogo revolucionario de El moro expósito (1834), se ben adoptou unha actitude máis ecléctica. Foi autor, entre outras obras, de Floresta de rimas antiguas castellanas (1822-1825) e Teatro español anterior a Lope de Vega (1832).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. O seu pensamento, inicialmente neomercantilista, converteuse no mellor expoñente da elaboración do liberalismo económico de Adam Smith na España do s XVlll. Paralelamente, seguiu unha carreira administrativa na Secretaría de Finanzas, ata que no 1799 foi apartado do servizo activo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sonda uretral que se emprega para facilitar a saída da urina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial nada na Coruña e que publicou diferentes libros e manuais no período 1980-1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso inferior do Mioceno mariño comprendido entre o Aquitaniano e o Vindoboniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Burdigaliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento anormal do volume do bazo. A esplenomegalia comporta un aumento da función normal do bazo (hiperesplenismo), que se manifiesta nunha destrución excesiva das células do sangue e causa, polo tanto, anemia, leucopenia e trombopenia. Cando o bazo alcanza o dobre do tamaño normal pódese palpar por debaixo do bordo costal esquerdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Arcadia que formou parte da Liga de Esparta (ss VI-IV a C). Pasou ao poder dos etolios e máis tarde foi conquistada por Filipo V de Macedonia e incorporouse á Liga Aquea. Dende o 146 a C formou parte da provincia romana de Acaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome das rexións que poboaban os galos e que se estendían desde o val do Po ata a Bélxica actual. Existían dúas rexións: a Galia Cisalpina, entre os Alpes e os Apeninos, que foi conquistada polos galos no s V a C e sometida polos romanos no s III a C, e a Galia Transalpina, entre o Atlántico, o Rin, os Alpes, o Mediterráneo e os Pireneos. Os romanos conquistaron a Galia Cisalpina entre a Primeira e a Segunda Guerra Púnica, pero posteriormente os galos subleváronse e apoiaron a Aníbal. Sometidos de novo no s II a C, Sila organizouna como provincia romana. A Galia Transalpina foi conquistada por Xulio César (58 a C-51 a C), que derrotou os príncipes Ariovisto, Casiveliano, Ambíorix e Vercinxetórix. Durante o Alto Imperio, a Galia Transalpina foi romanizada na súa totalidade e quedou dividida na Galia Narbonense, Galia Bélxica e a Aquitania, que estaban unidas por unha única capital, Lugdunun (Lyon). No Baixo Imperio denominouse Galia á zona que abarcaba Galia, Britania, Hispania e Mauritania...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expedición militar que dirixiu Xulio César durante o proconsulado para conquistar a Galia entre o 58 a C e o 51 a C. Durante a campaña derrotou os xermanos de Ariovisto e logo os pobos belgas e os armoricanos. Despois de conquistar o NO, os romanos derrotaron as tribos de Gran Bretaña que axudaban aos galos menapios. No 53 a C os galos, encabezados por Vercinxetórix, subleváronse contra os exércitos romanos e ocuparon diversas rexións. Despois de cercar as tropas galas en Alesia derrotounas (51 a C) e apoderouse de todo o territorio. César escribiu a obra De bello gallico (A Guerra das Galias) onde recollía os datos destas expedicións militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Vilanova de Santixo, no concello de Malpica de Bergantiños, que pecha polo L a enseada de Esteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, economista e diplomático italiano. As súas principais achegas sitúanse no campo da teoría do valor, a teoría monetaria e do interese e a política económica. Escribiu Della moneta (1750) e Dialogues sur le commerce des blés (1769), onde criticaba os argumentos dos fisiócratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hepatosplenomegalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do volume do fígado. As causas son diversas, como a infección do mesmo órgano ou as enfermidades que lle afectan secundariamente, como cancro, anemias, enfermidades cardíacas ou metabólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia simultánea de hepatomegalia e de esplenomegalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poligalactia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento anormal do tamaño dos dedos e das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Prerrogativa que corresponde ao soberano nos seus dominios. Segundo a doutrina medieval, eran de dúas clases: unhas moi altas, indisolublemente unidas á coroa, e outras que podían ser cedidas por privilexio ou prescrición.

      2. Cada un dos dereitos que os soberanos europeos dos ss XVII e XVIII adquiriron en asuntos eclesiásticos grazas á política do regalismo.

    1. Privilexio eclesiástico outorgado pola Santa Sé a un soberano.

    2. Privilexio ou excepción que ten alguén nalgunha cousa.

    3. Cantidade de cartos que cobra o propietario dun dereito polo permiso de usalo.

    VER O DETALLE DO TERMO