"Guido" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 38.
-
PERSOEIRO
Musicólogo austríaco. Foi un dos fundadores da Akademische Wagnerverein e o iniciador dos Denkmäler der Tonkunst in Österreich (Monumentos da música en Austria).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á familia dos ánguidos.
-
Réptil da familia dos ánguidos.
-
Familia de réptiles sauros formada por individuos ovíparos ou ovovivíparos, que non presentan patas ou que as teñen reducidas. Está constituída por 70 ou 80 especies, a maioría do continente americano. En Europa só se atopan dúas especies: Ophisaurus apodus e Anguis fragilis, coñecida en Galicia co nome de escáncer.
-
-
PERSOEIRO
Crítico e ensaísta cinematográfico italiano. Teórico do Neorrealismo cinematrográfico italiano, foi fundador e director da revista Cinema Nuovo (1952). Os seus estudos críticos inspíranse na metodoloxía estética marxista de Gramsci e Lukács. Publicou os libros Storia delle teoriche del film (Historia das teorías cinematográficas, 1951), Cinema italiano 1960: Romanzo e antiromanzo (Cine italiano 1960: romántico e antirromántico, 1961), Il dissolvimento della ragione: discorso sul cinema (A disolución da razón: discurso sobre cine, 1966), e I sussurri e le grida (Murmurios e berros, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de cinguido aplicado ás tuberías nas que as abrazadeiras empregadas son dun diámetro lixeiramente maior que aquelas. Ao inxectar auga a presión, a tubería dilátase ata obrigar ás abrazadeiras a ensancharse. A tubería defórmase plasticamente, mentres que as abrazadeiras fano elasticamente, tendendo a retornar ao seu diámetro inicial, o que constrinxe fortemente a aquela.
-
PERSOEIRO
Médico e político. Foi profesor de Patoloxía médica e de Medicina legal, médico de cámara do Rei Humberto e ministro de Instrución Pública e de Agricultura. Fixo descubrimentos destacables no campo da Semioloxía e deu nome ao signo da pectoriloquia áfona e ao método para o tratamento do aneurisma arterial. En 1867 publicou un libro sobre a patoloxía do corazón e da aorta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico iltaliano. É autor de traballos importantes sobre a patoloxía do bazo, principalmente sobre as anemias de orixe esplénica (1882). Déuselle o seu nome a unha forma de esplenomegalia (enfermidade ou síndrome de Banti).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal, historiador e diplomático italiano. Foi xefe da Inquisición durante o proceso de Galileo. As súas obras están recollidas no volume La Nunziatura di Francia del cardinale Guido Bentivoglio (A nunciatura de Francia do cardeal Guido Bentivoglio, 1863-1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e director de orquestra. En 1855 estableceuse en Berlín. Estreou Tristán und Isolde (Tristán e Isolda, 1865) e Die meistersinger von Nürnberg (Os mestres cantores de Nuremberg, 1868), da autoría de Wagner.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De familia güelfa, ocupou diversos cargos públicos e participou activamente nas loitas internas da cidade. Foi discípulo de Brunetto Latini, mantivo amizade con Dante Allighieri e recibiu a influencia da filosofía de Averroes. Considérase o principal representante do dolce stil nuovo. Da súa produción consérvanse arredor de cincuenta composicións das que destacan a canción “Donna mi prega”, sonetos e baladas que cantan a Giovanna ou a Madonna Primavera, entre as que destaca “Perch’io non spero” (1300). É autor tamén de poemas cómico-satíricos e de correspondencia (un soneto de queixa a Dante) e dunha serranilla. O primeiro libro impreso que recolleu as súas composicións foi Sonetti e canzoni di diversi antichi autori toscani, in X libri raccolti (Sonetos e cancións de varios autores toscanos antigos, recollidos en X libros, 1527).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de cinguir.
-
-
de conseguir.
-
Que está ben feito ou rematado.
-
-
PERSOEIRO
Debuxante. Estudou arquitectura e traballou como deseñador gráfico, aínda que é máis coñecido polos seus cómics. O seu personaxe máis popular é Valentina, protagonista de episodios nos que o erotismo é un dos principais compoñentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de distinguir ou distinguirse.
-
Que é moi refinado no seu aspecto ou nos seus modais.
-
Que se distingue entre os da súa clase ou profesión por ser moi bo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de fungar.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Pertencente á tendencia do crepuscolarismo, publicou, entre outras obras, La via del rifugio (1907), I colloqui (1911) e a póstuma Verso la cuna del mondo (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe xermánica. Probablemente sexa unha forma derivada dun antigo hipocorístico de nomes xermánicos compostos, que tiñan como primeiro elemento *widu- ‘pao’, ‘bosque’ ou *wida- ‘afastado’. San Guido (s XI), abade de Pomposa (Ravenna), celébrase o 31 de marzo.
-
PERSOEIRO
Cardeal francés, fillo do conde Roberto VII de Boulogne. Coñecido como Guido de Auvernia, foi nomeado (1340) arcebispo de Lyon e cardeal (1342). Foi enviado por Gregorio XI á Península Ibérica como legado para acabar cos enfrontamentos entre as coroas de Aragón e Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor siciliano. É autor de poesías e da adaptación en prosa latina do Roman de Troie, de Benoît de Sainte-Maure, e da Historia destrutionis Troiae (1287).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico musical italiano. Monxe beneditino do mosteiro de Pomposa, preto de Ferrara. Introduciu innovacións no canto eclesiástico e atribúeselle a creación da pauta musical de catro liñas. Para fixar e facer reter a entoación dos graos da escala musical, empregou as primeiras sílabas de cada hemistiquio da primeira estrofa do himno a San Xoán Bautista Ut queant laxis. Escribiu diversos tratados teóricos, como o titulado Micrologus.
VER O DETALLE DO TERMO