"Herrera" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28.
-
PERSOEIRO
Militar, historiador e xeógrafo americano. Sobre materiais recompilados polo seu pai Dionisio de Alcedo, publicou o Dicionario geográfico-histórico de las Indias Occidentales o América (1786-1789). Coa bibliografía acumulada, Alcedo compuxo un útil catálogo de autores de temas americanos: Biblioteca Americana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Funcionario real nas Indias. Traballou co Vicerrei e Arcebispo Diego Ladrón de Guevara (Lima, 1710), no Tribunal de Contas de Lima (1712) e foi nomeado Presidente da Audiencia de Quito (1728-1736) e da de Panamá (1741-1747). Escribiu descricións das terras americanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista especializado no eido gastronómico. Traballou en El Ideal Gallego e ocupou distintos cargos na axencia Efe. Colaborou nas obras Alimentos de España (no que se refire a hortalizas e verduras) e Enciclopedia Gastronómica de Navarra. En 1992 foi galardoado co Premio Nacional de Gastronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Colaborador en distintos xornais da época (El Correo Gallego, Diario Ferrolano, El Noroeste, La Voz de Galicia, etc), foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1918) e no certame da Casa de Galicia da Coruña (1919 e 1920). Publicou De mi viejo solar (1911), Libro de poesías (1912) e El retorno (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, colaborou na prensa española e hispanoamericana ata 1936. Publicou os poemarios Abril (1927), Vibraciones del espíritu en la materia (1927), Versos marineros (1930) e as novelas El teniente azul (1928), en colaboración con A. Vidal Dovale, e, baixo o pseudónimo de Mauro del Sil e con ilustracións de Xaime Prada, Perfil de un ilustre (1933). Recibiu o I Premio de Poesía da Asociación de Prensa de León (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Ingresou na Armada en 1811 e navegou polo Mar Mediterráneo e polas Antillas. Dende 1819 participou nas campañas contra os independentistas latinoamericanos e, dende 1821, navegou con patente de corso contra as novas nacións. Formou parte da división Guzureta (1824) que se dirixiu a Callao, pero, trala derrota de Ayacucho, marchou cara ás Filipinas (1825), viaxe na que perdeu o navío tralo amotinamento da súa tripulación. Chegou a Cádiz en novembro de 1825 e participou en diversas misións ata que se suicidou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Fiel á causa isabelina, participou na Guerra de Granada, onde, ademais de destacar como soldado no sitio de Tájara e na conquista de Illora (1486), encabezou as negociacións para a rendición do monarca nazarí (1492). Como pago polos seus servicios, os Reis Católicos nomeárono encomendeiro da orde de Santiago e señor de Órgiva, e cedéronlle as rendas sobre a produción da seda granadina. En 1497 foi enviado a Italia, onde se enfrontou aos exércitos franceses que invadiran o Reino de Nápoles. En 1500 volveu a Italia para levar á práctica os acordos da repartición do Reino de Nápoles asinados no Tratado de Chambord-Granada. Tralas derrotas das tropas francesas en Cerignola (1503) e Gaeta (1504), consolidou o dominio aragonés en Nápoles e obtivo o título de vicerrei do Reino de Nápoles (1505-1507). Introduciu unha nova concepción militar baseada na reorganización da infantería en coronelías e no emprego táctico da artillería.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no val do río Genil, en La Campiña (6.113 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura (cereais, legumes e oliveiras) e nel son característicos os muíños fariñeiros e as almazaras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e pintor, fillo do escultor Antonio Herrera Barnuevo (Alcalá de Henares, Madrid ?-Madrid 1641). Seguidor do estilo de Alonso Cano, fixo o deseño para o altar central da capela de San Isidro (1660?) na igrexa de San Andrés de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela-León, situado á beira do río Pisuerga (2.505 h [2001]). O canal de Castela, que atravesa o municipio, facilita a agricultura de regadío (hortalizas, patacas, remolacha), pero tamén se manteñen cultivos de secaño (leguminosas e vides). A gandería dedícase maioritariamente á produción de la. A industria predominante é a alimentaria e a téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado á beira do encoro de García de Sola, sobre o río Guadiana (3.710 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandería (ovina, porcina e caprina).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa e narradora. Pertenceu a unha familia de clase media, que lle facilitou coidada educación. Admiradora de Rosalía de Castro, nos seus poemas líricos amosa a influencia da escritora padronesa. Nese sentido, destacan os títulos Sorrisas e bágoas (1913), Almas de muller... volallas na luz! (1915) e Frores do noso paxareco (1919), moi en sintonía co folclorismo amosado por Rosalía en Cantares Gallegos. Nesas composicións, ademais de intensificar a emotividade, tentou ofrecer unha idea do labor da muller no campo e os seus valores tradicionais. Esforzouse por difundir a través dos seus libros unha lingua narrativa nova, nalgúns casos un tanto barroca, pero lingüística e estilisticamente renovada. A súa obra mestra foi Néveda (1920), onde a autora desenvolveu mediante o modelo do folletín unha trama amorosa nun espazo rural. En narrativa sobresaen A ialma de Mingos (1922), Martes de Antroido (1925) e A neta da naipeira...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor e eclesiástico. Fundou os xornais El Debate (1910) e Ya (1935), así como a Editorial Católica. Organizou e dirixiu Acción Católica. Ordenado sacerdote (1940), foi nomeado bispo de Málaga (1947) e cardeal (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filántropa. Coñecida como Tareixa dos demos, dedicou a súa vida a acoller e coidar na súa casa mulleres enfermas e sen recursos. Antes de morrer doou todos os seus bens á congregación da Virxe das Dores para a construción dun hospital da caridade que levaría o seu nome. En 1946, o concello da Coruña deu este nome ao trofeo de fútbol destinado a recadar fondos para a beneficencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de cine, televisión e teatro. Coñecida como Lola Herrera, despois de ter participado en espectáculos destacados como Un tranvía llamado deseo ou Seis personajes en busca de autor, protagonizou en 1979 Cinco horas con Mario, espectáculo co que obtivo o recoñecemento definitivo. Outros espectáculos nos que participou foron Juana del amor hermoso, Las amargas lágrimas de Petra von Kant e Segundos fuera.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Foi secretario da Agrupación de Gallegos Libertarios Galicia Ceibe de Cartagena e colaborou no voceiro Galicia Libre. Ao rematar a Guerra Civil Española exiliouse primeiro en Bizerta (Tunisia) e logo na localidade francesa de Orléans, onde desempeñou cargos na CNT.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o Vello, evolucionou desde unha pintura ao xeito dos manieristas italianos, da que destaca La apoteosis de san Hermenegildo (1624), cara a un naturalismo próximo ao de Caravaggio. O seu fillo, Francisco de Herrera o Mozo (Sevilla 1622-Madrid 1685), foi pintor e arquitecto. Cultivou o fresco e foi pintor da corte madrileña (1656). Entre as súas obras destaca Gloria de san Hermenegildo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Viaxou por Alemaña, Países Baixos e Italia, onde recibiu a influencia de I. Vignola e S. Serlio. Estivo ao servizo de Filipe II e en 1563 nomeárono axudante de Juan Bautista de Toledo, ao que sucedeu como mestre de obras do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial (1567). Continuou a construción do palacio de Aranjuez (1564), fixo o proxecto da fachada sur do alcázar de Toledo (1571-1585), proxectou a catedral de Valladolid (1580) e fixo os planos da lonxa de Sevilla (1583-1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Activo en Galicia desde 1561, en Ourense restaurou a ponte maior e trasladou o castelo. Traballou no claustro da catedral de Santiago de Compostela nas obras do peche polo oeste (1566) e substituíu a Rodrigo Gil de Hontañón como mestre maior das obras da catedral compostelá, onde deu as trazas da reconstrución da capela de San Pedro da Cerca. Mestre de obras da cidade de Santiago de Compostela (1570), trazou o retablo da capela do colexio de Fonseca (1571). Realizou diversos traballos de restauración na catedral de Ourense (1572-1573) e iniciou o claustro procesional do mosteiro de Santa María de Monfero (1574). No campo da enxeñería, interveu en diversos traballos nas pontes de Ledesma, Portodemouros e Betanzos. Atribúeselle a sancristía da igrexa do mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e dramaturgo. Conservador, foi ministro de Ultramar (1868-1872 e 1874-1877) e presidente do Congreso de los Diputados durante o reinado de Afonso XII. O seu teatro comprende unha primeira etapa romántica, con Los dos Guzmanes (1851) e Rioja (1854) e unha segunda etapa denominada alta comedia que agrupa as pezas de ambientación burguesa e tendencia moralizadora, como El tejado de vidrio (1856), El nuevo don Juan (1863) e Consuelo (1870).
VER O DETALLE DO TERMO