"Hida" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

  • GALICIA

    Xornalista e crítico teatral. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Parlamentario e do Heraldo de Madrid, no que escribiu diversos artigos de crítica taurina co pseudónimo de Pepe Festivo e foi tamén correspondente do xornal bonaerense La Nación. Ao finalizar a Guerra Civil española exiliouse a Alemaña e Francia. En París foi locutor da radio e da televisión francesa. Da súa autoría son os diálogos radiofónicos La Rebotica e La tertulia del Café Dupont, dedicados aos exiliados republicanos, e tamén a comedia El triunfador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 2 de febreiro de 1848 que puxo fin á guerra entre EE UU e México. Trala invasión estadounidense de México, o goberno mexicano pactou a cesión de Texas, Nuevo México, a Alta California e parte do territorio de Tamaulipas a cambio dunha indemnización de 15 millóns de dólares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso de Xapón, na zona central da illa de Honshū, erguido sobre rochas cristalinas fracturadas por volcáns activos. Culmina nos 3.180 m de altitude do monte Yari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do grego Hydatios a través do latín Hydatius, derivado de hydatís ‘pedra preciosa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Aquae Flaviae (427?-470?). De familia acomodada, na súa mocidade viaxou por Oriente, onde entrou en contacto con bispos orientais como Xoán de Xerusalén, Euloxio e Xerome. Considerado o primeiro cronista hispano, escribiu Chronicon, obra en latín continuación en certa maneira da obra de san Xerome, que busca ser unha historia universal desde as orixes de Gallaecia. Foi o introdutor da Era Hispánica na historiografía medieval que empeza a contar en 38 a C e que estivo en vigor ata 1383. Como bispo, defendeu o Emperador Teodosio, perseguiu os priscilianistas e enfrontouse aos invasores bárbaros que estaban a provocar a ruptura do Imperio Romano. Por esta razón, o rei suevo Frumario encarcerouno (460), aínda que, logo de tres meses e por mor da presión popular, tivo que poñelo en liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México (20.813 km2; 2.235.591 h [2000]). A súa capital é Pachuca. A maior parte do estado inclúese dentro do altipalno meridional e o seu clima é, en xeral, seco. A rede hidrográfica, xerarquizada polo río Moctezuma, verte ao golfo de México. Os recursos minerais son moi abundantes, especialmente a prata, o cobre, o ouro e o ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que tiñan esta consideración social. Trátase da forma castelanizada correspondente ao apelido galego Fidalgo, que ten a súa orixe etimolóxica no galego medieval filho d’algo.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas. Outra variante ostenta, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas; bordo de goles, con dez cabezas de mouros da súa cor, con turbantes de prata. Outros levan, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con catro castelos de ouro, un en cadanseu cantón do escudo, e catro aspas, do mesmo metal, unha no centro do xefe, unha en cada flanco e unha en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Sacerdote desde 1778, fíxose cargo da parroquia de Dolores de Guanajuato, onde iniciou unha tarefa de educación popular e onde foron madurando as súas ideas independentistas. O 16 de setembro de 1810 lanzou o grito de Dolores, que significou o inicio da loita pola independencia. Derrotado polo exército realista, foi capturado e fusilado cando fuxía cara a Texas. Tralo establecemento da República mexicana en 1824 foi recoñecido como pai da patria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Foi director do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Arquéologo municipal de Vigo, ten publicado diversos estudios sobre a arte rupestre e castrexa, e a historia de Vigo en revistas especializadas. Foi coautor de As Raíces de Vigo: a prehistoria (1995), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo (1999) e Vigo medieval: a idade media (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Chantada a partir de 1916. Fundado e dirixido por Manuel Vázquez Campo, a súa tendencia era conservadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia básica derivada da alantoína. Forma o núcleo de diferentes compostos usados como antiepilépticos e antiarrítmicos, como a difenilhidantoína.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1.   Larva do platihelminto Echinococcus granulosus.

      2. esícula que contén a larva do platihelminto Echinococcus granulosus.

      1. Quiste hidatídico que se produce na equinococose.

      2. Tumor enquistado que contén un humor acuoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á hidátide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído que se produce pola flutuación dun líquido nunha cavidade calquera do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano situado xeralmente nas follas e que segrega auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se forma pola acción da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo hidatsa.

    2. Individuo do pobo hidatsa.

    3. Pobo indíxena americano que habitaba nas chairas de Dakota do Norte (EE UU). Formaban parte da familia linguística síux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Honshū, Xapón, que forma parte do Gran Toquio, situada a 20 km ao O de Kawasaki (364.197 h [1997]). É un centro de produción de seda natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Residiu en Filipinas, onde se posicionou a prol das tendencias separatistas. Así, colaborou co semanario La Solidaridad, voceiro de José Rizal Mercado e dos seus partidarios nas illas. Publicou Geografía general del archipiélago filipino (1872), El trovador del Ulla (1880) e Héroes de Filipinas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO