"Horacio" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Catedrático da Universitat Autònoma de Barcelona desde 1983, é autor, entre outras obras, de Estudios sobre el sistema urbano (1974), Capitalismo y morfología urbana en España (1975), Filosofía y ciencia en la geografía contemporánea (1981), Geografía y matemáticas en la España del siglo XVIII (1982) e La física sagrada (1986). En 1976 iniciou a publicación dunha serie de breves monografías xeográficas baixo o título de Geocrítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial. Traballador do sector da distribución de bebidas, fundou a empresa Disgobe SA. Expandiu os seus negocios á produción de augas embotelladas coa adquisición en 1998 de Fontecelta. Posteriormente, introduciuse na viticultura e o 25 de setembro de 2002 inaugurou as súas propias adegas en Doade (Sober), Bodegas Regina Viarum, adscritas á denominación de orixe Ribeira Sacra. Membro do consello de administración do Real Club Celta de Vigo desde a súa conversión en sociedade anónima deportiva, o 26 de xullo de 1995 accedeu á presidencia da entidade. Durante o seu mandato o equipo vigués acadou un subcampionato da Copa do Rei (2001), cinco participacións consecutivas na Copa da UEFA (1998-2002), unha delas despois de proclamarse campión da Copa Intertoto (2000) e a primeira clasificación da historia do club para a Liga de Campións (2003). Tralas eleccións locais de 1999, ás que concorreu no segundo posto da candidatura presentada polo Partido Popular, resultou elixido concelleiro da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xentilicio latino Horatius, probablemente derivado do etrusco Huras. A lenda romana fala de varios personaxes con este nome, algúns míticos. Horacio Cocles o Chosco (s VI a C) foi un heroe lendario da estirpe romana Horacia que, segundo a tradición, protexeu a ponte Sublicia de Bigas para impedir que o exército etrusco, comandado polo Rei Porsenna, entrase e cruzase o Tíber; finalmente, foi destruída e Horacio perdeu un ollo na batalla, da aí o alcume. Os tres Horacios foron os heroes, que, representando a Roma, pelexaron contra os tres Curiacios, campións de Alba Longa, durante o reinado de Tulio Hostilio (s VII a C), para decidir o destino das cidades que representaban; feridos os tres Curiacios e mortos dous Horacios, o terceiro, facendo que fuxía, matou os Curiacios a eito. Esta vitoria romana inspirou diversas obras artísticas, literarias e musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino, fillo dun liberto da gens Horatia. En Atenas, Bruto nomeouno tribunus militium do seu exército pero, na batalla de Filipos (42 a C), evidenciouse a súa falta de aptitude para a arte militar e regresou a Roma. Tras ver confiscadas polo triunvirato as propiedades de seu pai, púxose a traballar como scriba quaestorius. Cara ao 38 a C entrou no círculo artístico de Mecenas, por medio do seu amigo Virxilio, e logo no do emperador Augusto. A súa poesía divídese en catro xéneros: epodos, sátiras, odas e epístolas. Os Epodos (Epodoi, 40-31 a C) son dezasete poemas de metro iámbico, inspirados especialmente na obra de Arquíloco e na poesía grega helenística; abarcan desde os poemas amorosos ás invectivas ou ás referencias políticas, sociais e literarias. As Sátiras (Saturae, 37 a C?) son dezaoito poemas, invectivas persoais e retratos irónicos do seu tempo divididos en dous libros, en hexámetros, con amplos recursos estilísticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor uruguaio. Dun modernismo moderado pasou a un realismo con criterio estético, e finalmente ao conto de carácter psicolóxico. Autor ocasional de poemas, novelas e obras teatrais, destacou especialmente no conto. Da súa obra salientan El crimen de otro (1904), Cuentos de amor de locura y de muerte (1917), Cuentos de la selva (1918), Anaconda (1926) e Más allá (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo. Autor dunha ampla produción e con variados estilos, gran parte da súa obra foi traducida ao inglés, francés, alemán, italiano ou portugués. Das súas obras destacan El invierno frío (1940), baseada nunha lenda galega; El jardín secreto (1940), de temática política; El rescate (1953), La fuga en la jaula (1953), El hombre que mató a nadie (1953), Invierno Frío (1954), La vida azul (1954), La muerte da un paso atrás (1962), de carácter relixioso; Un Fantasma con jipijapa (1967) e El hijo de bronce (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guionista e realizador cinematográfico. En 1961 obtivo o título en dirección na Escuela Oficial de Cine de Madrid, onde foi profesor. Logo de varias curtametraxes dirixiu Miguelín (1964), un filme infantil co que obtivo o Gran Premio do xurado no Festival de Cine para a Xuventude de Cannes. Non volveu á longametraxe e dedicouse á dirección de curtametraxes e á escrita de guións ata que en 1977 decidiu dedicarse só ao seu traballo como guionista. Escribiu guións para Antonio Mercero, como a adaptación de La guerra de papá (1977) ou o guión orixinal de Espérame en el cielo (1987), así como os das series televisivas Verano Azul, Turno de oficio e Farmacia de Guardia; e para José Luis Garci, con quen iniciou a súa colaboración con El crack (1980), e realizou case que todos os guións e adaptacións dos filmes do director, como Ninette (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO