Gómez Araújo, Horacio

Gómez Araújo, Horacio

Industrial. Traballador do sector da distribución de bebidas, fundou a empresa Disgobe SA. Expandiu os seus negocios á produción de augas embotelladas coa adquisición en 1998 de Fontecelta. Posteriormente, introduciuse na viticultura e o 25 de setembro de 2002 inaugurou as súas propias adegas en Doade (Sober), Bodegas Regina Viarum, adscritas á denominación de orixe Ribeira Sacra. Membro do consello de administración do Real Club Celta de Vigo desde a súa conversión en sociedade anónima deportiva, o 26 de xullo de 1995 accedeu á presidencia da entidade. Durante o seu mandato o equipo vigués acadou un subcampionato da Copa do Rei (2001), cinco participacións consecutivas na Copa da UEFA (1998-2002), unha delas despois de proclamarse campión da Copa Intertoto (2000) e a primeira clasificación da historia do club para a Liga de Campións (2003). Tralas eleccións locais de 1999, ás que concorreu no segundo posto da candidatura presentada polo Partido Popular, resultou elixido concelleiro da corporación municipal de Vigo e vicepresidente da Deputación Provincial.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tomiño