"Huelva" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Andalucía (142.284 h [2001]). Está situada entre as marismas do Odiel, ao O, e o esteiro do Tinto, ao L. A explotación das minas de cobre e pirita de Riotinto provocou o seu desenvolvemento urbano e industrial a partir do establecemento de capital e colonos británicos na segunda metade do s XIX. As actividades comerciais relacionadas coa explotación mineira converteron o seu porto nun dos máis importantes do S da Península Ibérica. Fundada polos fenicios co nome de Onuba, constituíuse como reino taifa en 1032 e desde 1051 dependeu da Taifa de Sevilla. Reconquistada por Íñigo de Mendoza (1238), foi cedida á casa ducal de Medina Sidonia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa mudéxar de San Pedro, o convento de La Merced (s XVII), declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1970, o santuario de Nuestra Señora de la Cinta e o conxunto histórico artístico do barrio obreiro de Reina Victoria, declarado BIC en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Andalucía (10.148 km2; 462.579 h [2001]). Integrada por 79 municipios (2003), a súa capital é   Huelva. Limita ao N coa provincia de Badajoz (Extremadura), da que a separa a serra de Aracena, e ao S co Océano Atlántico, no sector do golfo de Cádiz comprendido entre as desembocaduras do Guadalquivir e do Guadiana, que lle serven de fronteira ao L e ao O, respectivamente, coa provincia de Sevilla e con Portugal. O seu relevo caracterízase polo contraste entre a serra de Aracena e o sector máis occidental de Sierra Morena, na zona máis setentrional, e a depresión do Guadalquivir, no resto do seu territorio. A parte dos dous grandes colectores que a delimitan, a rede hidrográfica artéllase ao redor dos ríos Tinto e Odiel. A súa costa, que se prolonga 145 km, é moi aberta. O 60% son praias, entre as que destaca a Playa de Castilla, que ocupa todo o treito costeiro comprendido entre o esteiro do Tinto-Odiel e o Guadalquivir (65 km). O Parque Nacional de Doñana,...

    VER O DETALLE DO TERMO