"INEM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 41.

  • Enfermidade hereditaria infantil caracterizada pola ausencia de betalipoproteínas e a presenza de acantocitos no soro sanguíneo. Outras anomalías que adoitan acompañala son: esteatorrea, retinite pigmentaria, retardo no crecemento, deficiencia mental e alteracións neuromusculares. Tamén se chama síndrome de Bassen-Kornzweig.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academy of Motion Picture, Arts And Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘ó home’, usada para calificar os argumentos que se dirixen contra a forma de razonamento do interlocutor partindo dos seus mesmos principios e coas súas mesmas razóns, non á materia disputada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta ou extrema diminución de gammaglobulinas no sangue. Forma parte do numeroso grupo das síndromes de inmunodeficiencia conxénitas. O tratamento consiste na administración de gammaglobulina ou de inmunoglobulina G.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de albumina no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bilirrubina no sangue circulante. Normalmente a bilirrubinemia total oscila entre 0,3 e 1,0 mg/100 ml. Cando a cantidade de bilirrubina sobrepasa os 2 mg/100 ml sobrevén a itericia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘pucha’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento impreso posiblemente cara ao ano 1489 ou 1490 do que se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Ourense. Foi descuberto por F. J. Norton e Antonio Odriozola en 1960. Este exemplar conservado ten 280 follas en papel, ao que lle faltan 15 follas do principio e dúas do final; con elas desapareceu tamén o ano, lugar e nome do impresor encargado deste incunable. Ten unha tipografía con dous tamaños que tenden a unificarse. Cada folla está dividida en dúas columnas de trinta e cinco liñas, nunha caixa de impresión de 102x153 mm. O papel é groso e de boa fabricación, con filigrana de man e estrela. No seu contido atópase un calendario mes a mes, táboas cronolóxicas, un salterio con himnos, oficio de defuntos e horas da Virxe, un dominical, un santoral e, na parte final, un ritual e un misal, onde se encontran varios exorcismos, fórmulas para bautismo, extremaunción, defunción, prefacios, misa de defuntos, canon da misa e varias misas votivas. Á parte desta impresión, consérvase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado na década dos oitenta por Fernández Cid dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de formar profesionais de cine e televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente cinematográfica xurdida nos anos sesenta en Brasil. Os seus antecedentes son a obra crítica de Alex Viany, próxima ao neorrealismo, e os filmes de Nelson Pereira dos Santos. Foi definido teoricamente polo manifesto A estética da fame, de Glaubert Rocha, como un cine do terceiro mundo, popular, revolucionario, que adopta actitudes radicais e anticoloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de creación de palabras relacionadas co ‘cine’ ou co ‘movemento’. Ex: cinemática, cinematografía. OBS: Pode presentar o alomorfo cinemat(o)-: cinemática, cinematógrafo, cinematoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de rodaxe e proxección cinematográfica panorámica inventado en 1925 a partir do obxectivo anamórfico Hypergonar de Henry Chrétien. Deforma as imaxes lateralmente, ao comprimilas na rodaxe e ensanchalas na proxección. Foi comercializado en 1952 pola 20th Century Fox.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar no que se gardan filmes para conservalos, exhibilos ou estudialos.

    2. Conxunto ou colección de filmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da mecánica que estudia os movementos sen ter en conta as causas que os orixinan (forzas, masas), senón que describe a súa xeometría. Segundo o obxecto de estudo fálase de cinemática do punto, do corpo ríxido, do sólido deformable, etc. Na cinemática clásica empréganse os conceptos de espacio e tempo absolutos, no sentido newtoniano, e os sistemas de coordenadas referenciais son inerciais ou galileanos; para pasar dun sistema inercial a outro emprégase o grupo de transformacións de Galileo. Na mecánica relativista emprégase un espazo ficticio tetradimensional, o espacio de Minkowski; para pasar dun sistema coordenado de referencia a outro cómpre utilizar o grupo de transformacións de Lorentz. Os estados posibles dun sistema cuántico represéntanse como vectores dun espazo de Hilbert. Denomínase tamén xeometría do movemento.

    2. Estudio dos movementos dun ou máis barcos en relación co barco propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cinemática.

    2. Relativo ou pertencente ao movemento, especialmente cando non se ten en conta as causas que o orixinan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistrar imaxes con ou sen son nunha cámara cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Arte de representar sobre unha pantalla, e mediante a fotografía, imaxes en movemento.
    A técnica cinematográfica

    O invento
    Os intentos de reprodución gráfica do movemento remóntanse ás sombras chinesas (4.000 anos a C) e á lanterna máxica (1640) do alemán Athanasius Kircher. O perfeccionamento da fotografía posibilitou o nacemento da cronofotografía que consiste nunha serie de fotografías sucesivas que permitiron rexistrar o movemento dos planetas, dos animais ou do home. Charles-Émile Reynaud, empregando un tambor con espellos, conseguiu proxectar, por reflexión sobre unha pantalla, unhas imaxes debuxadas por el mesmo; ao mesmo tempo, Thomas Alva Edison incorporou a película de celuloide que empregou para impresionar series cronofotográficas que se reproduciron nun cinetoscopio. En 1985, Louis Lumière patentou o cinematógrafo, que permite o movemento intermitente...

    VER O DETALLE DO TERMO