"ISS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da Costa de Marfil (6.250 km2 ; 225.882 h [1988]). A capital é Aboisso (13.527 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo territorio francés na África Oriental. Nome da República de Xibutí do 1967 ao 1977, ano en que acadou a independencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as academias de ciencias e humanidades en Alemaña. Foi fundada en 1700 en Berlín por Federico I de Prusia co nome de Preussische Akademie der Wissenschaften (Academia das Ciencias Prusiana). En 1946 quedou inmersa na zona soviética e foi reorganizada e convertida en Akademie der Wissenschaften der DDR (Academia das Ciencias da República Democrática Alemana). Coa reunificación (1990) a Akademie der Wissenschaften der DDR, foi absorbida pola Akademie der Wissenschaften zu Berlín, creada no Berlín occidental en 1987.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptou en 1946 a Akademie der Wissenschaften (Academia das Ciencias de Alemaña) ao ser reorganizada segundo o modelo soviético da Academia de Ciencias da URRS.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia de ciencias creada en Berlín Occidental en 1987 e que pretendía ser a sucesora da Akademie der Wissenschaften, convertida na Guerra Fría en Akademie der Wissenschaften der DDR, (Academia das Ciencias da República Democrática Alemana) o quedar a súa sede na Alemaña Oriental.
-
PERSOEIRO
Médico, naturalista e humanista italiano. Catedrático de Botánica na Universidade de Boloña (1560) e fundador dun xardín botánico (1568); escribiu numerosas obras de historia natural. A súa farmacopea Aantidotarii Bononiensis epitome acadou moita sona e foi, xunto coa de Gesner, o modelo doutras obras semellantes ata Buffon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora retratista italiana. Na Corte de Filipe II (1559), recibiu influencias da escola española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tell de Gremnos.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, xornalista e crítico. É autor de numerosos melodramas que tiveron grande éxito entre o gran público. Lanzou ás pantallas a actores como James Mason, Stewart Granger e Margaret Lockwood. A partir de 1955 dedicouse á televisión. Dirixiu, entre outras: The night has eyes (A noite ten ollos, 1942), Love story (Historia de amor, 1944), Idol of Paris (Ídolo de París, 1948), See how they run (Olla como corren, 1955) e Miss Tulip stays the night (A señorita Tulip detén a noite, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Circunscrición administrativa de segunda orde de Francia e Bélxica. É máis pequena ca o departamento ou provincia, pero máis extensa ca o cantón.
-
En Francia, circunscrición administrativa dunha cidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
L’ubov’ Isaakovna Aksel’rod.
-
PERSOEIRO
Poeta, novelista e crítico literario. Estaba moi influído polo Modernismo; entre as súas obras cómpre destacar o libro de poesía Mitos (1929) e a novela Los terribles amores de Agliverto y Celedonia (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formado con Conrado del Campo, pertenceu á chamada Xeración da República. A súa produción é ecléctica e refinada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro occitano. Proxectou as centrais eléctricas de Perpiñán. Traballou na reconstrución do ferrocarril de Narbona a Perpiñán (1860) e nas obras da canle de Suez (1866-1870). Interveu activamente na política rosellonesa, e no 1902 foi elixido deputado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Múnic en 1759 como Kurfürstliche Bayerische Akademie (Academia dos Príncipes de Baviera). Está dividida en dúas clases ou seccións e comprende trinta e cinco comisións científicas e institutos de investigación.
-
PERSOEIRO
Crítico, ensaísta e filósofo finlandés. Estudiou na Universidade de Moscova. Integrado nos ambientes revolucionarios, dedicouse á creación literaria e á actividade crítica. Logo dunha época hegeliana, converteuse nun apaixonado materialista que fundou a estética e a crítica realistas. Contrario á arte pola arte e ao intimismo romántico, defendeu a explicación sociolóxica da evolución da arte, o condicionamento do home polas súas circunstancias, o compromiso da literatura e a atención ao espírito do pobo e ás súas fontes literarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, no NL da comarca da Marina Alta (9.154 h [1996]). A súa situación, entre a serra de Bèrnia e o Mar Mediterráneo, produce un contraste natural cara ao turismo, a principal actividade económica da vila. Nos 4 km do seu litoral altérnanse os treitos de praia cos acantilados. Nas súas calas pódense tomar baños de mar e de sol ou practicar deportes acuáticos e náuticos (ten porto deportivo). No interior, pódense practicar deportes de natureza. Hai tamén clubs de hípica e de golf. A orixe da vila é musulmana. Trala expulsión dos mouriscos dos reinos da coroa de Aragón en 1609 foi repoboada con colonos cristiáns. Entre o seu patrimonio monumental destacan o antigo hospital (hoxe casa do concello) construído en 1790, a lonxa renacentista do s XV, onde se celebraban transaccións comerciais e as reunións do consello municipal, a igrexa de La Puríssima Xiqueta e de Sant Pere Apóstol, de estilo neomedieval (1902-1929), e o pazo señorial dos Torres-Orduña.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Camp de Túria (1.672 h [1996]). A agricultura é a base económica do concello; a expansión do regadío grazas á auga do Túria eliminou os cultivos tradicionais de secaño. Os cultivos máis estendidos son a laranxeira, a cebola e outras hortalizas. Tamén é importante a avicultura. A igrexa parroquial é gótica con artesoado mudéxar. O castelo señorial, da segunda metade do s XV, foi construído por Lluís de Vilarasa, gobernador xeral de València.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da orde dos crocodilianos, propios de principios do Cretácico. Estes crocodilos podían acadar ata 60 cm de lonxitude e presentaban dentes frontais longos e bicudos, e traseiros anchos e planos.
-
ESPA¥A
Concello das Illes Balears, no N da illa de Mallorca, na zona de contacto entre a chaira central e os contrafortes da serra da Tramuntana (4.885 h [1996]). Ten importantes extensións de cultivos de secaño (amendoeiras, cerais, viña e oliveiras), canteiras de calizas e industria vitivinícola. Foi fundada no ano 1300 por Xaime II de Mallorca.
VER O DETALLE DO TERMO