"Imola" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • san (s IV) Bispo de Bruxas e mestre en Ímola, cidade da Romaña italiana. Instruía os seus alumnos na relixión cristiá, pero estes martirizárono ata matalo cravando no seu corpo os estilos cos que lles aprendera a escritura taquigráfica. Por esta razón, é patrón dos mestres de escola que sofren agresións por parte dos seus discípulos e tamén dos estenógrafos. Na arte iconográfica aparece sentado nunha cadeira e leva como atributos persoais un libro aberto na man e un estilete ou punzón; ás veces, represéntase tamén vestido de bispo. A súa festa celébrase o 26 de marzo e o 13 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada na provincia de Boloña, na Emilia-Romaña, Italia (64.021 h [2001]). No seu circuíto automobilístico de velocidade dispútase tradicionalmente o Gran Premio de San Marino de Fórmula-1. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (ss XII, XIII e XVIII), a igrexa de Santa Maria in Regola (ss XII-XIII), o Palazzo Sforza (1775-1782) e o castelo de Rocca (s XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO