Imola
Imola
Cidade situada na provincia de Boloña, na Emilia-Romaña, Italia (64.021 h [2001]). No seu circuíto automobilístico de velocidade dispútase tradicionalmente o Gran Premio de San Marino de Fórmula-1. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (ss XII, XIII e XVIII), a igrexa de Santa Maria in Regola (ss XII-XIII), o Palazzo Sforza (1775-1782) e o castelo de Rocca (s XIV).