Casiano de Ímola,
Casiano de Ímola,
san (s IV) Bispo de Bruxas e mestre en Ímola, cidade da Romaña italiana. Instruía os seus alumnos na relixión cristiá, pero estes martirizárono ata matalo cravando no seu corpo os estilos cos que lles aprendera a escritura taquigráfica. Por esta razón, é patrón dos mestres de escola que sofren agresións por parte dos seus discípulos e tamén dos estenógrafos. Na arte iconográfica aparece sentado nunha cadeira e leva como atributos persoais un libro aberto na man e un estilete ou punzón; ás veces, represéntase tamén vestido de bispo. A súa festa celébrase o 26 de marzo e o 13 de agosto.