1 casida

1 casida

(<ár qaṣīda ‘composición poética’)

s f [LIT]

Forma estrófica árabe composta por un número de versos que oscila entre os 30 e os 150, cos últimos hemistiquios monorrimos, integrada por tres partes: unha introdución amorosa (nasīb), a descrición dunha viaxe ao deserto (rail) e un panexírico (madī ḥ ) ou sátira (hi ǧ ā’). É o modelo inalterable da poesía árabe clásica e a súa temática adoita ser amorosa.