"Isolda" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Antropónimo feminino de orixe incerta que procede da forma latinizada dun nome que no francés antigo aparece como Iseulte, Iseut, Iseult, Isaut, Isot, Isolt, entre outras formas, quizais relacionado con Essylt medieval do País de Gales. Probablemente vén dun nome céltico ou xermánico composto de *isan- ‘ferro’ (ou de *is- ‘xeo’) e *hildjo ‘batalla’; de aí que o seu suposto significado sería ‘guerreira dura coma o ferro/xeo’. Nas lendas do mundo céltico medieval fálase de dúas Isoldas ou Iseos, que tiveron amores tráxicos con Tristán. Isolda a loura, princesa de Irlanda, que casa co rei Marco da Cornualla, pero é amante de Tristán, e a bretoa Isolda a das brancas mans, filla do duque Höel, que casa co cabaleiro pero que nunca conseguirá desterrar o amor que o seu esposo sente pola outra Isolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esposa do Rei Marco de Cornualla. É a protagonista xunto con Tristán dunha lenda medieval que simboliza o amor sublime. Cando o vello rei Marco envía o seu sobriño Tristán de Loonois, un gallardo e valente cabaleiro, buscar a súa prometida Isolda a loura, princesa de Irlanda, o mozo namórase loucamente dela por mor dunha beberaxe máxica. Malia todo, o rei casa con Isolda, pero, cando é informado da relación que une os amantes, exilia a Tristán. En Bretaña casará con Isolda a das brancas mans, filla do duque Höel, pero ficará sempre namorado da princesa irlandesa. De feito, unha vez que cae ferido de morte nunha batalla, consciente da fin dos seus días, manda ao seu cuñado Kaerden a Cornualla na procura da loura Isolda para vela por última vez. Previamente acordara con Kaerden que se traía consigo a raíña, navegaría con vela branca, e se regresaba sen ela, despregaría a vela negra. A bretoa Isolda, sabedora do pacto e ciumenta da súa rival, díxolle ao seu esposo que a nave...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e xornalista. Correspondente do Faro de Vigo en Lalín, colaborou nos xornais La Voz de Galicia e Xornal Diario, así como en Radio Noroeste, onde dirixiu o programa cultural A arte de ler. Deu a coñecer a súa poesía nas revistas A festa da palabra silenciada e Trapa, e na carpeta de Edicións do Dragón Oito e médio (1992). Publicou Flor de tan mal xardín (1994), gañadora do II Premio de Poesía Fermín Bouza Brey, e Berce das estampas (1998). Foi galardoada co Premio Periodístico do Concello de Dozón (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de R. Wagner, con texto propio, baseado na lenda de Tristán. Estreada en Múnic en 1865, constitúe unha das súas obras máis destacadas.

    VER O DETALLE DO TERMO