Casa das Artes
Casa das Artes
Sala de exposicións dependente do Concello de Vigo que está situada no edificio que ocupou o Banco de España, construído en 1938 por Romualdo de Madariaga. Acolle exposicións fotográficas, científicas e artísticas. É sede da colección permanente da Fundación Laxeiro, da Colección Torras e do Arquivo Fotográfico Pacheco.