"Ith" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 117.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos exitálidos ao que pertence o ferreiriño rabudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propliopithecus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo norteamericano de rock duro fundado en 1970 e integrado por Steve Tyler (voz), Joe Perry (guitarra), Tom Hamilton (baixo), Brad Whitford (guitarra) e Joey Kramer (batería). A súa aparición na escena musical actuou como revulsivo fronte ao power flower imperante na época. O seu estilo e a lenda que os asociou ao sexo e ás drogas converteunos nunha das bandas máis versionadas do panorama do rock duro. Destacan os discos: Get your wings (1974), Live Bootleg (1978), Permanent vacation (1987) e Nine Lives (1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil de homínidos que ten como único representante o Afropithecus turkanensis, definido por Meave e Richard Leakey no ano 1986 a partir duns restos faciais e poscraniais atopados en Kalodirr (Quenia). Segundo Harrinson debería incluírse nunha única superfamilia de catarrinos primitivos do Mioceno superior -Proconsulidae- da que xurdiron os posteriores homínidos. Andrews, pola contra, propón resolver a cuestión da diversificación deses homínidos na tribo Afropithecini. A súa localización na orixe dos homínidos proposta en diversas sistemáticas está en contradición co poscranial, pois indica unha locomoción cuadrúpede.
-
PERSOEIRO
Escritor turco. Escribiu novelas de entretemento segundo modelos franceses e teatro histórico de tendencia naturalista. A finalidade didáctica das súas obras fai que sexa considerado promotor do movemento dos Mozos Turcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pagan, en Birmania. Principiou o reinado (1120-1167) sometendo a rebelión de Taninthārī. Construíu templos e fomentou a cultura. Morreu envelenado por un fillo seu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primate do Eoceno tardío de Birmania de talle pequeno. Por mor dos seus premolares parece un simio, non obstante os seus molares son de tipo prosimio. Este feito e a súa tendencia ao ortognatismo obrigan a pensar que é un antepasado dos simios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil da familia dos homínidos procedente do Mioceno medio de Turquía. Resulta difícil establecer as relacións evolutivas deste xénero, sen embargo, é probable que represente unha pola lateral da tribo Ponginae, polo que tería a súa orixe na dispersión dos Griphopithecus hai 14 M a por Eurasia procedentes de África. A única especie definida neste xénero é o A. meteai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de homínidos fósiles do Plioceno (4,5 M a) procedentes da depresión de Afar (Etiopia). Foi descrito por White en 1994 a partir duns restos fragmentarios e diversos dentes. Os seus descubridores sitúanos na base da liñaxe humana; sen embargo, moitos paleoantropólogos prefiren inscribilos na liña dos chimpancés. Así mesmo, a presenza de trazos moi primitivos permite afastalos dos australopitecos, debido a que entre eles hai acusadas diferencias a nivel xenérico. A única especie descrita neste xénero é Ardipithecus ramidus.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo inglés. É autor do London Atlas of Universal Geography (Atlas de Xeografía Universal, 1834) e foi un dos fundadores da Royal Geographical Society (Real Sociedade Xeográfica).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico, posuidor dun estilo refinado, elegante, frío e académico, cun humanismo tipicamente burgués. É un dos representantes característicos do cinema inglés. Dirixiu filmes con moito éxito como The runaway princess (1929), Tell England (1930), Pygmalion (1938), película coa que foi coñecido, The way of stars (O camiño das estrelas, 1945), que o afirmou como un gran director e The browning version (1951), froito dunha colaboración co autor dramático Terence Rattigan e ópera prima deste realizador inglés. Traballou con grandes actores como Sofía Loren en The millionaire (1961) ou Elizabeth Taylor, Orson Welles e Louis Jourdan en The VIP´s (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político británico, primeiro conde de Oxford e Asquith (1925). Avogado educado nas Universidades de Londres e Oxford, entrou en política da man do Partido Liberal. Foi membro do Parlamento (1886-1918; 1920-1924), ministro do Interior (1892-95) nos gabinetes de Gladstone e Rosebery, e Primeiro Ministro (1908-1916). Obtivo o acta parlamentaria de 1911 e defendeu o Home Rule Bill de 1914. En 1915 formou un gobernou de coalición pero tivo que demitir ao ano seguinte. Foi substituído por Loyd George, feito que provocou a división do partido liberal, que Asquith conseguiu reunificar e encabezar entre 1923-1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de homínidos fósiles do Plio-Plistoceno de África oriental e meridional situado, de forma xenérica, na ascendencia da liñaxe humana; sen embargo, a evolución e as relacións filéticas entre as diferentes especies deste grupo precisaranse máis a medida que progresen as investigacións. Este xénero defínese por unha serie de trazos anatómicos ben marcados que o separan doutros homínidos fósiles (Ardipithecus, Paranthropus, etc). Eran seres cunha forma particular de bipedismo, tiñan un talle miúdo (1-1,5 m), capacidade cerebral baixa (400-500 cm3), cranio alongado e baixo con occipital saínte e anguloso, prognatismo facial, dieta progresivamente vexetariana e estaban adaptados a diferentes nichos ecolóxicos, amosando estratexias evolutivas ben diferenciadas entre si. Así mesmo, hai investigadores que recoñecen nos Australopithecus unha capacidade para elaborar artefactos. A partir da descuberta do “neno de Taung” realizada por Dart en 1924, comezou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil de homínidos ao que pertence a especie B. altipaltus procedente do xacemento do Mioceno medio de Rudabanya (Hungría). Esta especie foi descrita a partir duns macizos faciais que conservaban o padal. Na actualidade intégrase na especie Dryopithecus brancoi.
-
FILOSOFOS
Filósofo inglés. Profesor de Filosofía Moral nas universidades de Cambridge (1928-1953) e Knightsbridge (1953-1967). Analizou a estrutura das teorías físicas e aplicou a teoría dos xogos aos problemas morais. É autor de Theory of Games as a Tool for the Moral Philosopher (Teoría dos xogos como unha ferramenta para a Filosofía Moral, 1951), Scientific Explanation. A Study of the Function of Theory, Probability and Law in Science (Unha explicación científica. Estudio sobre a función da teoría, probabilidade e lei na ciencia, 1953) e An Empiriscist’s View of the Nature of Religious Belif (Visión empirista da natureza da crenza relixiosa, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil, da familia dos homínidos, procedente do Mioceno superior e medio (15-7 Ma) da India e Paquistán, creado por Lewis a partir de varios fragmentos de mandíbulas inferiores no ano 1934. En 1964 Simons logrou identificar nun mesmo rostro os maxilares superiores de Ramapithecus coas mandíbulas inferiores de Bramapithecus, polo que os integrou baixo un mesmo taxon. Na actualidade considérase que o Ramapithecus é a forma feminina de Sivapithecus, pondo ao descuberto un novo caso de supersegregación taxonómica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antimoniuro de níquel, de fórmula NiSb. Cristaliza no sistema hexagonal, en masas de cor vermella e brillo metálico. Ten dureza 5,5 e peso específico 8,23.
-
CUMIOS
Cumio do macizo do Monte Rosa, límite entre Suíza e Italia. Alcanza unha altitude de 4.160 m. Maynard escalouno por primeira vez en 1813.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero fósil da superfamilia Hominoidea descrito en 1923 por Matthew e Granger. Considerado un antepasado inmediato, procede de xacementos do Plistoceno do sur de China, do xibón (Symphalagus) de Sumatra.