"Ixión" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
-
Que ou quen profesa a mesma relixión.
-
Que ou quen ten a mesma ideoloxía ou pertence ao mesmo partido político.
-
-
-
Acción de crucificar.
-
Forma de aplicación da pena capital en numerosos pobos do Mediterráneo oriental na Antigüidade. A orixe desta modalidade de execución atribúese posiblemente aos persas, pero, con diversas variantes, empregárona os fenicios, os gregos, os exipcios e os cartaxineses, antes da súa introdución en Roma. A lexislación romana excluía desta pena os cidadáns romanos, aínda que durante o Imperio aplicouse a cidadáns romanos de clase baixa (humiliores), pero nunca aos de clase alta (honestiores). A pena da crucifixión aboliuna Constantino en recordo da paixón de Cristo.
-
Representación artística da crucifixión de Cristo ou dalgún santo. Denomínase crucifixión ou calvario cando aparece Cristo cravado na cruz acompañado doutros personaxes, como os dous ladróns, a Virxe María -acompañada ás veces de María Madanela-, os soldados romanos, o apóstolo san Xoán e outros elementos, como o Sol ou a Lúa. Cando a representación se limita á figura de Xesús cravado na cruz denomínase Cristo ou crucifixo. A figura central pode aparecer en actitude sufridora ou triunfante. As primeiras representacións coñecidas da crucifixión de Cristo datan do s VI, como o evanxeliario de Rabbūla (Siria) e o ampullario de Monza e Bobbio, de orixe palestina, onde Cristo aparece en maxestade. De influencia oriental son, entre outros, o fresco do s VIII de Santa Maria Antiqua (Roma) e o mosaico do s XII de San Marcos de Venecia. A primeira representación occidental é un evanxelario irlandés do s VIII. De maior complexidade son as figuracións dos marfís carolinxios, nos que...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inscrición de carácter máxico que invoca o dano sobre unha persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta de relixión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei dos lapitas, de orixe tesalia. Purificado por Zeus dos crimes que cometera, tentou en balde seducir a Hera. Enxendrou o centauro e por iso foi atado a unha roda ardente que, como castigo, vagou eternamente no aire.
-
-
-
Conxunto de dogmas ou doutrinas, de crenzas, costumes e ritos, de actitudes e sentimentos e de maneiras de comportamento que vinculan unha persoa ou un grupo humano con aquilo que se recoñece como sagrado, misterioso ou transcendente, e que a miúdo se identifica con Deus ou o divino.
-
Conxunto de dogmas ou doutrinas, de preceptos ou costumes, e de ritos que configuran socioloxicamente e oficialmente o sentido transcendente dun grupo humano determinado. Polo que respecta á interrelación dos aspectos subxectivo e obxectivo do feito relixioso, é importante consignar os diferentes significados que, etimoloxicamente, pode ter a palabra relixión. Por unha banda, pode vir derivada do verbo relegere, é dicir, ‘recoller, reunir, todo canto ao culto dos deuses se refire’. Por outra, tradicionalmente en Occidente e nos ámbitos culturais cristiáns, recibiuse o termo relixión como un derivado da raíz semántica religare, subliñando con isto a dimensión relixiosa en canto que liga, une ou ata ao crente con Deus. Relixión é aquela dimensión do home pola que se transcende a si mesmo e é capaz de romper o círculo pechado ou o horizonte hermético da súa existencia recortada, de tal modo que se podería falar dunha dimensión relixiosa inexcusable unida á súa propia condición...
-
-
-
irtude que move ao home a darlle a Deus o culto debido.
-
Conxunto de principios e prácticas dirixidos a cumprir ferventemente un ideal, unha institución.
-
-
Orde ou instituto relixioso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflitos bélicos que enfrontaron en Francia a católicos e calvinistas, denominados hugonotes, entre 1562 a 1598. A política tolerante de Catarina de Medici provocou a reacción dos católicos, dirixidos por Francisco de Guisa, que iniciaron a guerra civil coa matanza da comunidade hugonote de Wassy (1562), ata que chegou a Paz de Amboise (1563), que garantiu a liberdade de conciencia. O medo dos hugonotes a un complot católico internacional provocou novas hostilidades. Asinada a Paz de Saint-Germain (1570), a matanza da Noite de San Bertomeu (do 23 ao 24 de agosto de 1572) provocou o reinicio da loita armada, ata chegar a Paz de Beaulieu (1576), pola que Enrique III de Francia recoñeceu a liberdade de culto aos hugonotes. Os católicos formaron a Santa Unión, a guerra reiniciouse e os hugonotes tiveron que aceptar algunhas limitacións ás súas liberdades pola Paz de Bergerac (1577). Ao morrer Francisco, duque de Alençon (1584), Enrique III de Navarra, xefe dos hugonotes, converteuse en sucesor...
-
-
Que ou quen profesa unha relixión.
-
Aplícase aos continxentes de mercenarios que profesan unha relixión diferente á dun exército oficialmente católico.
-
-
-
Acción de ferir traspasando de parte a parte cunha arma de punta.
-
Procedemento cirúrxico que consiste en atravesar e cortar nun só tempo os tecidos brandos de dentro cara a fóra. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-