"Lérez" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
RIOS
Río da vertente atlántica que forma na súa desembocadura a ría de Pontevedra. Nace no monte San Bieito, na parroquia de Millarada (Forcarei) e discorre cunha dirección NL-SO polos concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra, onde desemboca. Ten unha lonxitude de 60 km cun abundante caudal, aproveitado para a produción de enerxía eléctrica. Os seus afluentes máis importantes son Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza e Almofrei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires a partir de xuño de 1962. Exerceu como voceiro do Centro Pontevedrés da capital arxentina e incluíu novas doutras asociacións galegas, información de Galicia, artigos e poesías.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario editado en Pontevedra a partir do 4 de setembro de 1879. Cesou a súa edición o 20 de outubro de 1880 (nº39), ao fusionarse co Diario de Pontevedra. Subtitulouse “Diario de intereses generales” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé A. Antúnez e, posteriormente, nos de A. Landín. Nos seus artigos defendía sobre todo cuestións locais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Salvador de Lérez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Lérez (Pontevedra). Coñecido tamén como San Bieito de Lérez, foi fundado por monxes beneditinos en 886 ou en 916, data da que se conserva unha doazón de Ordoño II ao abade Guntado. No s XVI converteuse en Colexio de Humanidades e Teoloxía, onde se formaron o padre Feijoo e frei Martín Sarmiento, ata a exclaustración de 1835. Da primitiva igrexa románica só se conservan algunhas pedras labradas nos muros que se reutilizaron posteriormente. Foi reformada no Renacemento e en épocas posteriores. Ten planta de nave única con cuberta abovedada sostida por arcos faixóns e dúas capelas que dan á nave con cubertas cupuladas, unha delas dedicada a san Bieito, e do que se conserva unha imaxe do s XVI. O retablo maior está organizado en dous corpos: o primeiro coa imaxe do Salvador, e o superior coas imaxes de san Bernaldo e san Bieito. No muro S do templo atópase pegado parte do claustro a xeito de pórtico con arcos de medio punto e unha galería superior, formada...
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Pontevedra a partir do 14 de agosto de 1842 e que cesou en outubro dese mesmo ano. Baixo o subtítulo “Periódico semanal de literatura, ciencias y artes”, considérase a primeira publicación de carácter literario en Pontevedra. Redactado por Manuel Anxo Couto e Antolín Esperón contou entre os seus colaboradores con Xoán Cuveiro, Marcial Valladares ou Leandro Martínez Padín.
VER O DETALLE DO TERMO