Lérez

Lérez

Río da vertente atlántica que forma na súa desembocadura a ría de Pontevedra. Nace no monte San Bieito, na parroquia de Millarada (Forcarei) e discorre cunha dirección NL-SO polos concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra, onde desemboca. Ten unha lonxitude de 60 km cun abundante caudal, aproveitado para a produción de enerxía eléctrica. Os seus afluentes máis importantes son Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza e Almofrei.