"Lens" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 53.

    1. Relativo ou pertencente ao Abbevillense.

    2. Técnica de percusión baseada na talla periférica, asimétrica e sobre zafra dorminte empregada para obter bifaces e outros artefactos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o nome do xacemento de Abbeville, desenvolveuse durante un período interglaciar cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. Na actualidade emprégase este nome polo de Chelense, que era máis habitual entre os investigadores da primeira metade do s XX. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheulense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade ruso. Acusado de transgredir a moral e a teoloxía foi encadeado por cinco anos. Moi venerado no seu país e canonizado pola Igrexa Ortodoxa rusa en 1549.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orixinario ou pertencente a Ávila.

    2. Persoa natural de Ávila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Acheulense.

    2. Técnica de retoque aplicada sobre obxectos líticos xa tallados consistente en golpear sobre un dos bordos, raramente de xeito cruzado, coa finalidade de obter un negativo agudo que produza unha superficie cortante; en moitas ocasións empregábase para reavivar bifaces desgastadas polo uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o seu nome do xacemento de Saint-Acheul (Francia). O elemento que caracteriza este complexo técnico e a biface, unha nova peza lítica sobre núcleo que vén aumentar a variedade de tipos anteriores. A definición da biface como útil máis típico do Acheulense non é obstáculo para que continúen a aparecer seixos tallados nin para que existan outros tipos sobre núcleos (triedros e fendedores) ou para que se empreguen tamén as lascas. Coas bifaces do Acheulense pode falarse claramente da existencia dun modelo ou tipo homoxéneo que evoluciona ao longo dos varios milleiros de anos que dura o período: primeiro as protobifaces, talladas de xeito parcial mediante percusión directa, logo os tipos tallados polas dúas caras e finalmente, coa incorporación do percusor brando, os tipos máis longos e simétricos. Cronoloxicamente este período, que deriva do Olduvaiense, comprende a totalidade do Pleistoceno medio (700.000-120.000), desenvolvéndose á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de industrias do Paleolítico medio da Europa central. Caracterízase pola presenza de puntas bifaciais con retoque plano, trazo polo que se ten relacionado co Solutrense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Industria do Paleolítico superior do Oriente Próximo (30000-20000 a C). Caracterízase pola presenza de raspadores carenados, burís, follas Dufour e láminas de tradición auriñacense. A similitude co Auriñacense levou a moitos investigadores a integrar nun Auriñacense levantino diversas industrias de lascas que se opoñerían ao Ahmerense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación informal coa que se designa a un grupo de Homo erectus europeos, de cronoloxía anterior á do Home de Neandertal, do que se teñen atopado restos procedentes dos xacementos arqueolóxicos de Aragó, Atapuerca, Azych, Petralona e Vertesszöllös, entre outros. Na actualidade a comunidade científica manexa varias hipóteses para explicar a súa posición filoxenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao período Azilense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período do Mesolítico que toma o seu nome do depósito arqueolóxico de Mas d’Azil (Francia). Ten o seu centro xeográfico nos Pireneos Atlánticos e espállase polo litoral cantábrico e polo sur de Francia, alcanzando os Alpes Occidentais. Deriva claramente do Madalenense ao que se superpón sen solución de continuidade. En Francia a transición prodúcese durante a oscilación de Alleröd, aínda que a cronoloxía varía nas rexións periféricas. Na industria lítica obsérvase unha tendencia xeral á redución de tamaño dos tipos e unha acentuada decadencia do instrumental óseo e da arte, tanto moble como rupestre. Non obstante, o seu fósil director é un arpón aplanado en óso, xeralmente cunha única ringleira de dentes e cunha perforación na base da peza en forma de ollal. Existen, aínda que sexan pouco frecuentes, azagaias e algúns obxectos de adorno, sobre todo, colgantes naturais fabricados con dentes ou cunchas. Outro elemento característico son os seixos con pintura máis ou menos abstracta,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Badegulense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facies local anterior ao Solutrense, definida no xacemento de Badegoul (Dordogne).

    2. Facies local protomadalenense (18000-17000 BP), posterior ao Solutrense e definida no xacemento de Badegoul (Dordogne).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Banyoles ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Banyoles (Pla de l’Estany).

    3. Diñeiro de billón cuñado en Banyoles entre o 1600 e o 1605.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Barcelos ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Barcelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo da arte rupestre sahariana. A cronoloxía xeral do bubalense é imprecisa, dende o 5000 a C (coincidindo co Neolítico) ata momentos anteriores pre-pastorís (Mesolítico). Este estilo caracterízase polos gravados moi realistas, ás veces de gran tamaño, de animais salvaxes e domésticos. Tamén se denomina Gran Estilo Naturalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Natural ou habitante da antiga Burdigala, hoxe Bordeos (Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde dos camáldulas.

    2. Membro da orde dos ca-máldulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • abbevillense.

    VER O DETALLE DO TERMO