"Leonora" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Pintora inglesa. Estudiou debuxo e pintura na academia de Amédée Ozefant en 1936 e, ao ano seguinte, coñeceu a Max Ernst, quen a introduciu no círculo dos surrealistas de París e con quen colaborou na escenografía de Ubu Roi (1938), de Alfred Jarry. En 1938 expuxo cos surrealistas en París e Amsterdam. En 1943 coñeceu o mecenas Edward James. Dende aquela, e logo dunha estancia en Nova York e Chicago (1985 e 1988), viviu en Ciudad de México, onde desenvolveu unha actividade pictórica encadrada no surrealismo. Cara ao 1941 colaborou coas publicacións View e VVV. Entre as súas obras destacan Autorretrato (1938), The Meal of Lord Candlestick (A comida de lord Candlestick, 1938), Pain Chant (Canto de sufrimento, 1947), Kabala (Cábala, 1960) e Labyrinth (Laberinto, 1991). Escribiu os contos fantásticos La dame ovale (A dama oval, 1939), a novela curta Little Francis (A pequena Francis, 1937) e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz italiana. Comezou a súa traxectoria profesional cando aínda era unha nena, nas actuacións que realizaban seus pais. Despois do seu primeiro grande éxito, co espectáculo Cavalleria Rusticana (Cabalería rústica, 1884), e dunha longa serie de actuacións por América do Sur, fundou, co primeiro actor, Flavio Andò, a compañía Città di Roma, que se especializou nun repertorio creado a partir de textos de Alexandre Dumas (fillo), Victorien Sardou, Giuseppe Giacosa e Carlo Goldoni. O seu recoñecemento internacional chegou a partir da súa relación co compositor e libretista Arrigo Boito, que lle propuxo un cambio de repertorio, no que hai que destacar os espectáculos Antonio e Cleopatra (1888) ou La dame aux camélies (A dama das camelias, 1891), estreado en San Petersburgo, que a levarían a percorrer os máis importantes teatros de Europa e América. Co dramaturgo Gabrielle d’Annunzio, traballou os seus dramas líricos e creou diversos espectáculos con eles, como La...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Leonor.