"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
-
Nome con que se coñece unha serie de aves da orde dos psitaciformes, propias dos países cálidos, que se caracterizan por ter o peteiro forte e curvo, a cola curta, dedas moi longas coas que leva a comida á boca e plumas de variadas e vivas cores. Domesticado é quen de imitar a fala humana. Son mellores como gabeadores ca como voadores, e son moi apreciados como paxaros de gaiola. O papagaio gris (Psittacus erithacus) habita na selva de África central. O papagaio de cabeza amarela (ou papagaio real ) (Amazona ochrocephala) habita en América Central e América do Sur, xunto co papagaio de fronte azul (A. aestiva) e o papagaio de fronte branca (A. leucocephala).
-
Planta herbácea que presenta follas grandes, saxitadas, xeralmente verdes con manchas brancas e cos nervios vermellos, e de espádices coa espata verde por baixo e branca ou amarela por riba. É unha especie propia das rexións tropicais de América do Sur.
-
Persoa que fala moito e sen mesura.
-
Persoa que repite, de cor e sen comprender o sentido, o que leu ou escoitou.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto xenobiótico, empregado como herbicida en agricultura, que tamén pode actuar de forma hormonal debido á súa analoxía estrutural coas auxinas, polo que aumenta a proliferación celular. O seu nome comercial é 2,4-D.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro agrónomo, escritor e xornalista. En Galicia, onde vive dende 1932, exerceu diversos cargos burocráticos relacionados coa agricultura. En 1982 ingresou na Academia Galega de Ciencias co discurso “Home e técnica”. Escribiu diferentes ensaios: Introdución á economía galega de hoxe (1969), Máquinas e trebellos para labrar a terra (A Coruña, 1970) ou A cousa agraria no estatuto de autonomía de Galicia (Vigo, 1980). En Estampas do meu amigo Pepiño (Sada, 1980), recolle moitos dos seus relatos publicados con anterioridade en La Voz de Galicia. Comendador de número da Orde Civil do Mérito Agrícola; así mesmo, obtivo os premios Pérez Lugín e Fernández Latorre (1964).
VER O DETALLE DO TERMO
-
VER O DETALLE DO TERMO
abelorio.
-
-
Elemento decorativo que consiste nunha pequena bóla de vidro aburatada. Normalmente ten diversas cores, vai combinada ao chou con outras e na súa disposición emprégase un arame ou fío no que vai ensartada formando parte dun conxunto.
-
Colar, pendentes, pulseira ou calquera outro adorno feito con esas pezas.
-
Atavíos empregados como adorno na vestimenta feminina, especialmente nas pezas do traxe tradicional como o dengue ou o mantelo. Tamén serven para decorar utensilios e trebellos caseiros.
-
Adorno insignificante, de pouco valor ou consideración.
-
-
-
de acalorar.
-
No medio dunha discusión, persoa que se alporiza con facilidade.
-
Que sofre calores.
-
-
-
Acción e efecto de acalorar ou acalorarse.
-
Conxestión periférica, sobre todo da cara, causada por unha insolación, por un exercicio excesivo, por un estado febril, ou no medio dunha discusión.
-
-
-
Irritar a unha persoa provocando a súa ira, cólera, rabia e carraxe.
-
Sufocarse unha persoa como resultado dunha insolación, dun exercicio físico excesivo.
-
Poñerse máis agresivo, especialmente cando se mantén unha disputa ou unha conversa con alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto facilmente sublimable, que produce cheiro a alcanfor. Obtense pola acción do hidróxido de potasio sobre unha mestura de cloroformo e acetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia de ácido clorhídrico na secreción gástrica.
-
-
Expresión latina que significa ‘segundo o valor’, designación dun imposto de fronteiras en proporción do valor das mercadorías declaradas.
-
Tarifa que grava as mercadorías importadas sometidas a arancel, calculada segundo o prezo que estas terían no mercado interior, en condicións de libre competencia entre un comprador e un vendedor independentes.
-
-
-
Acción e efecto de aflorar.
-
emerxencia.
-
-
Lugar onde se pode ver o substrato rochoso in situ.
-
Área na que aparece unha unidade litolóxica particular, sexa visible ou non.
-
-
Área na que unha capa, un filón ou un depósito mineral aparece na superficie do terreo.
-
-
-
Saír á superficie da terra ou da auga unha substancia mineral ou litolóxica que estaba soterrada de xeito total ou parcial.
-
Comezar a ser perceptible na superficie, tanto en medios acuáticos coma terrestres, de calquera substancia (auga, petróleo, etc) que se estivo a formar no subsolo.
-
Comezar a manifestarse ou a ser perceptibles certas situacións ou opinións que se procuraban manter ocultas.
-
Apuntar ou manifestarse certa idea, opinión ou estado de ánimo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso V de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos cloracetanilidas e que actúa como herbicida. O seu mecanismo de acción é interferir a síntese de proteínas. Actúa sobre algunhas plantas monocotiledóneas de carácter anual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o Mariscal británico Alan Francis Brooke.
-
PERSOEIRO
Lingüista e crítico literario castelán, catedrático na Universidade de Oviedo. Autor de diversos traballos sobre lingüística medieval. Divulgador dos métodos da fonoloxía (Fonología española, 1950) e, en xeral, do estruturalismo lingüístico, estudios que deixou patentes no seu libro Gramática estrutural (1951). Publicou tamén Estudios de Gramática funcional del español (1970) e Indefinidos y numerales (1990). Membro de número da Real Academia Española de la Lengua (1973), escribiu a recente Gramática de la lengua española (1994) publicada baixo o auspicio da propia institución na colección Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe do Don Quixote de Miguel de Cervantes, que o protagonista idealiza baixo o nome de Dulcinea do Toboso.
-
GALICIA
Pintor. De formación decimonónica, captou perfectamente o carácter do pobo galego. Presentou na Exposición General de Bellas Artes de Madrid de 1892 o cadro titulado A consulta d’o Abogado.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, nas denominadas Asturias de Santillana (2.646 h [1996]). Gandería bovina con orientación láctea.
VER O DETALLE DO TERMO