"Luís II" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Nobre e militar. Cuarto príncipe de Condé, chamado o Gran Condé. Aos vinte e dous anos era xa comandante do exército que combateu contra os españois na fronteira norte, derrotándoos en Rocroi (1643). Para afastalo de Francia durante a minoría de idade de Luís XIV, Mazzarino nomeouno vicerrei de Catalunya pero fracasou no ataque a Lleida (1647). A derrota que infrinxiu os españois en Lens (1648) favoreceu os tratados de Westfalia. Durante a Guerra da Fronda, primeiramente combateu a revolta dos parlamentarios (1648-1649); despois, resentido polo poder de Mazzarino, encabezou a Fronda dos príncipes e un dos seus exércitos contra París, aínda que derrotado por Turenne (1652). Fuxiu de Francia e pasou a servir aos españois, cos que obtivo a vitoria de València (1656) contra os franceses. En 1658 foi derrotado nas Dunes por Turenne. A raíz da Paz dos Pireneos (1659) foi perdoado por Luís XIV. Participou despois na Guerra da Devolución e na de Holanda. Finalmente residiu en Chantilly.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre francés, duque de Montpensier. Baixo a rexencia de Catarina de Medici foi un dos líderes do partido católico e xefe do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Occidente (855-875) e rei de Italia (844-875), fillo de Lotario I. O seu pai nomeouno rei de Italia en 844 e asociouno ao Imperio en 850. A abdicación de Lotario I confirmouno como emperador pero na práctica só reinou en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 804? - Frankfurt 876) Rei dos francos da marca oriental e de Baviera (817-843) e de Xermania (843-876), fillo de Ludovico Pío. Aliouse co seu irmán Carlos o Calvo, para loitar contra o outro irmán, Lotario I, a quen derrotaron en 841. Polo Tratado de Verdun definiuse a división do Imperio e gobernou Xermania. As revoltas dos seus fillos obrigárono a dividir o territorio en ducados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (titular entre 1386-1389 e 1400-1417 e efectivo entre 1389 e 1400), conde de Provenza, duque de Anjou e de Maine (1384-1417) e fillo de Luís I de Anjou. Durante a súa minoría de idade, ocupou a rexencia a súa nai María de Blois. En 1390 casou con Violante de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Baviera (1864-1886), fillo de Maximiliano II e de María de Prusia. Apoiou a Austria durante a Guerra Austro-prusiana (1866), pero aliouse con Prusia na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e aceptou a incorporación de Baviera ao novo Imperio Alemán baixo o cetro dos Hohenzollern (1871). O movemento da Kulturkampf dificultou a relación cos seus súbditos, maioritariamente católicos. Foi mecenas da arte e da música, e apoiou economicamente a Richard Wagner nos comezos da súa carreira. Ordenou a construción de diversos castelos en Herrenchiemsee, Neuschwanstein e Linderhof. Foi incapacitado mentalmente para gobernar en 1886 e o seu tío Leopoldo foi nomeado rexente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Etruria (1803-1807) e duque de Parma (Carlos II de Parma) e Piacenza (1847-1849), fillo de Luís de Borbón, rei de Etruria, e de María Luísa, filla de Carlos IV de España. Obrigado a abdicar por Napoleón, instalouse primeiro en Francia e despois no Ducado de Lucca e, ao morrer a súa nai, obtivo o Ducado de Parma. A Revolución de 1848 obrigouno a abdicar en favor do seu fillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (877-879), fillo de Carlos o Calvo. Encabezou unha rebelión contra o seu pai (862) e trala súa morte recibiu Neustria, Borgoña, Lorena e Provenza. Loitou pola coroa imperial pero morreu antes de participar nos acordos para a elección do novo emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría e de Bohemia (1516-1526), fillo de Ladislau VI Jagellón. Durante o seu reinado propagouse o protestantismo. Derrotado polos turcos na Batalla de Mohács, morreu na retirada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Nápoles (1417-1434), conde de Provenza e duque de Anjou (1417-1434), fillo e sucesor de Luís II de Anjou. Aínda que foi apoiado por un grupo anxevino para a consecución dos seus dereitos en Nápoles, Afonso V de Aragón e os seus partidarios impediron o seu triunfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Baviera (1913-1918). Sucedeu o seu pai Leopoldo de Baviera na rexencia do estado e, a consecuencia da demencia do monarca foi proclamado rei. Despois da Revolta de Baviera (1918) que culminou na proclamación da república, abandonou o trono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 863? - París 882) Rei de Francia (879-882), fillo de Luís II de Francia. Repartiu os territorios do reino co seu irmán Carlomán II de Francia e quedouse con Neustria e Austrasia. Ao comezo do seu reinado tivo que enfrontarse co conde Boson, que se fixera rei de Provenza. Trala súa vitoria en 880, herdou os territorios do seu irmán e recuperouse brevemente a unidade do Imperio Carolinxio.

    VER O DETALLE DO TERMO