"Luca" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 69.

  • Academia artística de Roma fundada por Federico Zuccari no ano 1593. Ademais das súas actividades pedagóxicas, tivo importantes funcións representativas e unha intensa vida corporativa, estando aberta aos artistas estranxeiros. Desapareceu no ano 1874, coa creación do Reale Istituto delle Belle Arti, que asumiu as súas funcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, economista e historiador mexicano de familia española. Foi ministro en gobernos conservadores (1823-1853) e axudou a facerse co poder a Santa Anna. Escribiu unha Historia de México (1849-1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta pertencente á xeración do 36. Foi alumno de Xosé Filgueira Valverde en Pontevedra e abandonou os estudios durante a Guerra Civil por motivos familiares. Obtivo diversos galardóns literarios como o Primeiro Premio de Poesía do Instituto Nacional de Servicios Sociais de Madrid (1983), ou o Primeiro Premio de Poesía que en 1985 lle outorgou o concello de Marín pola composición “O meu soño nunha beira de ledicias”. Colaborou habitualmente en publicacións pontevedresas, como Sonata Gallega e Portocelo. Deuse a coñecer literariamente coa escolma de poemas Cos dados do soño (1987), que contén composicións relixiosas e outras dedicadas a Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico italiano. Bispo de Lucca dende 1071, abandonou o bispado para entrar no mosteiro de Polirone. Gregorio VII, embarcado nas loitas das investiduras, insistiu para que se reincorporase á súa sé. Desde alí interveu activamente na redacción dunha Collectio canonum e dun Liber contra Guibertum et sequaces eius, dirixido contra o antipapa nomeado por Enrique IV. A súa festa celébrase o 18 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado por mor das festas As San Lucas de Mondoñedo. No exemplar de 1941 aparecía poesía galega da man de Xosé Mª de la Fuente, Xosé G. Cascudo e Eduardo Lence-Santar, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual das festas As San Lucas de Mondoñedo e relacionada tematicamente coa publicación da posguerra. O número de outubro de 1991 está dedicado á figura de Álvaro Cunqueiro coa reprodución dalgúns artigos seus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e literato. Foi cronista da casa de Savoia. É autor de Delle rivoluzioni della Catalogna (1644), crónica moi ben documentada do Corpus de Sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, catedrático de Gramática Xeral e de Crítica Literaria na Universidad de Madrid. Foi secretario e despois director do Instituto Miguel de Cervantes do CSIC. Ocupouse especialmente da preceptiva e da métrica. É autor de Sistema de rítmica castellana (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica editada entre o 21 de xullo de 1895 ata o 31 de octubre. Saía quincenalmente os días 15 e 30 de cada mes. Foi dirixida por Emilio Tapia e editábase en Mondoñedo, na imprenta Mancebo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1606 dourou e pintou o retablo da capela de San Froitoso, na catedral de Santiago de Compostela, e o retablo principal de Santo Estevo de Covas (Ames). Está documentado que en 1620 estivo preso no cárcere da Torre da Praza por causa dunha querela imposta polo escultor Francisco de Antas, aínda que este retirou a denuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de seu pai Giovanni Cambiaso (Cambiaso, Xénova 1495 - 1577?), formouse nun certo rafaelismo a través das ensinanzas de Perin del Vaga e de Pordenone. Traballou en Xénova, onde decorou ao fresco lugares sagrados como a catedral de San Lorenzo (1559-1562) e algúns palacios. En 1583 Filipe II chamouno a El Escorial, onde pintou as bóvedas do presbiterio e do coro. Con curiosidade propia do manierismo, ensaiou a cuadratura ou descomposición dos volumes pitóricos en poliedros e o contraste entre a luz e a sombra, polo que se converteu nun dos precursores do tenebrismo. Entre as súas obras destacan Adoración de los pastores e Cristo ante Caifás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, narrador e xornalista romanés. En 1888 dirixiu os teatros nacionais de Bucarest. En dúas ocasións negóuselle o acceso á Academia Romanesa pola súa actitude política e polo contido crítico das súas comedias. Estableceuse en Berlín en 1904. Publicou O noapte furtunoas ǎ (Unha noite tempestuosa, 1878), Conu Leonida faţ ǎ reactiunea (O señor Leonidas e a reacción, 1879), O scrisoare pierdut ǎ (Unha carta perdida, 1884), e o drama N ǎ pasta (A calumnia, 1890), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor veneciano. Especializado na pintura de vedute (‘vistas’), foi coñecido polos seus cadros conmemorativos das solemnidades da República, reproducidos con finalidade propagandística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de representación do Movimento das Forças Armadas portuguesas, que organizou o golpe de Estado do 25 de abril de 1974. Estaba formado polo presidente da República, ao que se sumaron baixo a súa dirección os xefes do Estado maior, o primeiro ministro e catorce oficiais. As súas funcións incluían a converxencia da Junta de Salvação Nacional e do Conselho de Estado, e acometer as reformas estruturais necesarias na economía portuguesa como a reforma agraria, a nacionalización das industrias ou o proceso descolonizador. Repartiu os seus poderes co VI Governo Provisório a partir do 25 de novembro de 1975, e pola Constituição de 1976 recibiu un gran número de funcións, que non chegou a desenvolver. Desapareceu en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lucas Kronach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e músico. Foi cantor da catedral de Salamanca e profesor de música na universidade. É autor dun conxunto de pezas recollidas no volume Farsas y églogas al modo pastoril (1514), un dos piares do drama castelán primitivo, tanto na súa dimensión profana (Comedia de Bras-Gil y Berenguella) como na relixiosa (Églogas de Navidad e Auto de la Pasión).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse con Fernando de Casas, a quen substituíu como mestre de obras da catedral en 1749. Traballou co seu mestre na capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes na catedral de Lugo (1727), onde tamén fixo a capela de San Roque (1730), que reedificou en 1734. En Lugo realizou a casa dos Sangro (1730) e a casa do concello (1735), na que destaca a fachada cun corpo de soportais ao xeito das loxas e con dúas torres nas esquinas. A primeira obra que trazou en Santiago de Compostela foi o colexio de Exercitantes (sede do Instituto de Ciencias de Educación). Nos anos seguintes encargouse da ponte Ulla en Vedra (1741) e reedificou o arco de ingreso á capela do colexio de Fonseca (1744). En San Paio de Antealtares traballou na galería situada sobre a Porta dos Carros (1749). Na catedral compostelá traballou na reconstrución da á occidental do claustro tralo incendio de 1751 e en 1757 deu as trazas á fachada da Acibechería que comezou a construírse en 1759 coa colaboración de Clemente Fernández...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Foi discípulo de J. Ribera en Nápoles e axudante de Pietro da Cortona en Roma. Asumiu as tendencias da pintura italiana dos ss XVI e XVII. Traballou en Milán, Venecia (frescos de Santa Maria della Salute), Florencia (Apoteose dos Medici, 1682) e, por encargo de Carlos II, en El Escorial (bóveda da escaleira do claustro) e Toledo (sancristía da catedral). Foi un dos máximos expoñentes da exuberancia decorativa barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona polipeptídica que se secreta polas células A dos illotes de Langerhans do páncreas. Aumenta a concentración de glicosa no sangue mediante o estímulo da actividade fosforilasa do fígado, o que fai que se mobilice a reserva da glicosa a glicóxeno hepático. A súa secreción favorécese polos estados de hipoglicemia. Antagoniza, polo tanto, o efecto fisiolóxico da insulina.

    VER O DETALLE DO TERMO