glucagón

glucagón
s m [BIOQ]

Hormona polipeptídica que se secreta polas células A dos illotes de Langerhans do páncreas. Aumenta a concentración de glicosa no sangue mediante o estímulo da actividade fosforilasa do fígado, o que fai que se mobilice a reserva da glicosa a glicóxeno hepático. A súa secreción favorécese polos estados de hipoglicemia. Antagoniza, polo tanto, o efecto fisiolóxico da insulina.