Glubb, John Baggot

Glubb, John Baggot

Militar inglés. Coñecido como Glubb Paxá, serviu durante a Primeira Guerra Mundial en Mesopotamia entre as tribos árabes. Posteriormente, foi destinado a Palestina como xefe das forzas británicas, pero dimitiu do seu cargo para unirse á lexión árabe, onde acadou a xefatura (1939). Convertido en cidadán xordano (1946), formou unha garda nacional contra as incursións dos israelís que dirixiu dende 1956. Entre outras obras escribiu: Story of the Arab Legion (1948) e Soldiers of Fortune (1973).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Preston

  • Deceso

    Lugar : Mayfield, Sussex