Glu... Glu

Glu... Glu

Publicación bisemanal editada en Vigo pola Fundición Nautilus a partir de novembro de 1993. Subtitulouse “Periódico discontínuo”. Tentaba amosar, dun xeito vangardista, as novidades culturais que xurdiron na cidade nos anos noventa. Xunto a reportaxes sobre pintura ou escultura, incluía numerosas composicións poéticas e textos literarios, ademais de fotografías de Xulio Gil.