Gluck, Christoph Willibald
Gluck, Christoph Willibald
Compositor alemán. Estudiou con G. B. Sammartini en Milán e estableceuse en Viena como kapellmeister do teatro imperial. Estreou óperas cómicas de estilo francés e reformou a ópera evitando os excesos vocais que dificultaban a comprensión do texto e adecuando as teorías do neoclasicismo incipiente. Estreou en Viena Orfeo ed Erudice (1762), Alceste (1767) e Paride ed Elena (1770) e, en París, Iphigénie en Aulide (1774), Alceste (1776) e Iphigénie en Tauride (1779).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Erasbach, Alto Palatinado -
Deceso
Lugar : Viena