"Lys" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 26.

  • Xénero de plantas herbáceas perennes ou anuais, con pétalos amarelos e froito en silicua que pertence á familia das crucíferas. En Galicia pódense atopar dúas especies: Alyssum loiseleuri, algo leñosa, de talos que acadan os 20 cm, propia de areais costeiros; e Alyssum serpyllifolium, de 20 a 40 cm de altura, que aparece de forma espontánea en pedregais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos opistobranquios pleurocelos, desprovistos de cuncha e con tentáculos bucais moi desenvolvidos. Posúen unha glándula de secreción violácea. Presente en todos os mares. En Galicia denomínanse lesmas do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga denominación das esponxas do xénero Verongia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do voivodato de Bialystok, Polonia, á beira do río Biala, na rexión histórica de Podlaquia (277.800 h [1996]). Fundada no 1310, no ano 1795 a cidade, antiga capital de Podlaquia, foi atribuída a Prusia e, pola Paz de Tilsit, a Rusia. Entregada a Polonia no 1918, pasou ao dominio soviético no 1939 e non retornou a Polonia ata o final da Segunda Guerra Mundial, na que sufriu unha importante destrución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (10.055 km2; 701.700 h [estim 1998]). A capital é Balystok. Ten carácter agroindustrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das ciperáceas, de flores hermafroditas, cuberta floral reducida a serdas barbadas e glumas dispostas en espiral. A especie B. compressus está presente en ambientes húmidos e pantanosos do norte da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das convulvuláceas ao que pertencen algunhas correolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, historiador e liturxista francés. Canónico e profesor en Lyon. Entre as súas obras destacan Répertoire des sources historiques du Moyen âge (Repertorio dos manantiais da Idade Media 1873-1903), e o Repertorium hymnologicum (1892-1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Debutou en Venecia cara ao 1741 e posteriormente instalouse en Londres, onde organizou diversos concertos na Carlisle House do Soho Square. Realizou numerosas actuacións en Viena, Copenhaguen e Hamburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da familia dos dermoquélidos, ao que pertence o sapoconcho coriáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio que construíu Claude Mollet en París en 1718 para o conde de Evreux. Pertenceu aos monarcas franceses e a Napoleón Bonaparte, quen asinou alí a súa abdicación de 1815. A Segunda República determinou en 1848 que fose o lugar de residencia do presidente francés, aínda que non o foi ata 1873.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de sapoconchos mariños, da familia dos quelónidos, que abrangue unicamente a especie Eretmochelys imbricata. A cuncha é elíptica e acada os 114 cm de lonxitude, formada por 13 escudos maiores superpostos entre si de xeito imbricado -cinco dorsais e catro pares laterais- e un plastrón con catro escudos. Os escudos dorsais son de cor café con raias amarelas ou rubias e os do plastrón van dende a cor crema ata a branca amarelada. A cabeza e as aletas son máis escuras ca o resto do corpo e, xeralmente, as súas escamas presentan un bordo branco amarelado. A especie pode acadar un peso de 85 kg. As extremidades son moi planas, para servir como remos, e cada unha presenta dúas uñas no bordo anterior da aleta. Presenta unha cabeza de ata 12 cm de ancho, cun peteiro córneo e forte que lembra ao das aves de presa. Esta morfoloxía do bico permítelle acceder a presas situadas en gretas de rochas e corais, como esponxas, ascidias, anémonas e equinodermos, que constitúen a base da súa alimentación....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facies sedimentaria formada por capas alternas de gres arxiloso e de calcaria, de xisto lamoso escuro e de calcaria impura. A secuencia está estratificada en capas finas, e os fósiles son escasos; o grosor varía dende 1.500 a 4.500 m, e a súa idade oscila do Cretácico Inferior ao Oligoceno. O termo flysch corresponde orixinariamente a unha formación dos Alpes suízos e xeneralizouse cando se localizaron nas cadeas montañosas de Europa formacións semellantes e contemporáneas a esta. Posteriormente, interpretouse que os sedimentos do flysch suízos correspondían a xeosinclinais profundos depositados antes de comezar a oroxenia, por isto a xeneralización do termo flysch pódese dar a todos os sedimentos psammíticos preoroxénicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, estadounidense. Coronel dos voluntarios de Illinois ao comezo da Guerra de Secesión, conseguiu a vitoria das tropas do N en Vicksburg (1863). En 1864 foi nomeado comandante en xefe do exército da Unión e aceptou a rendición do xeneral sudista Robert E. Lee (1865). Presidente dos EE UU durante dous mandatos (1868-1877), a súa política limitouse á represión dos sudistas e ao proteccionismo económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: clistrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Flevoland, Países Baixos, situada á beira do pólder de Flevoland Leste (60.557 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés do río Leie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e político ucraíno. Foi director do Instituto de Selección e Xenética de Odessa (1936) e presidente da Academia Lenin de Ciencias Agrícolas (1938-1945). Negou o papel dos cromosomas e a existencia dos xenes. Ocupou cargos científicos e políticos durante o goberno de Stalin e Khruščov e impuxo a súa visión da bioloxía nos ámbitos da investigación e a educación ata 1964, cando a bioloxía soviética recuperou a corrente mendeliana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das primuláceas, que presenta follas simples, opostas ou verticiladas, flores pentámeras, solitarias ou agrupadas en panícula terminal de cor amarela. En Galicia están presentes as especies L. nemorum e L. vulgaris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dicinodontos, da familia dos hadrosáuridos, de ata 1 m de lonxitude e orificios nasais próximos aos ollos. De hábitos semellantes aos do hipopótamo, alimentábase de plantas acuáticas que arrancaba co seu único par de cabeiros. Propio de principios do Triásico, os principais xacementos atópanse en Sudáfrica, China, India e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO