"Macías" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático. Licenciouse en Dereito pola UNAM e realizou estudios de posgrao en economía no Instituto de Altos Estudios Internacionais de Xenebra. Profesor de literatura en diversas universidades norteamericanas, colaborou na revista Medio siglo, cofundou e dirixiu a Revista Mexicana de Literatura e foi codirector de El Espectador. Así mesmo, fundou o Movimiento de Liberación Nacional del Comité Nacional de Auscultación y Organización. Da súa produción destacan Los días enmascarados (1954), La región más transparente (1958), La muerte de Artemio Cruz (1962), Aura (1962), Cambio de piel (Premio Biblioteca Breve 1967), Casa con dos puertas (1970), Tiempo mexicano (1971), Terra nostra (Premio Xavier Villaurrutia 1976 e Premio Rómulo Gallegos 1977), La cabeza de la hidra (1978), Gringo Viejo (1985), Cristóbal Nonato (1987), El naranjo o los círculos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director da cadea COPE en Galicia. Exerceu como redactor de Antena 3 Radio, xefe de redacción de La Región e redactor xefe do gabinete de comunicación da Xunta de Galicia. Foi un dos fundadores da Asociación de Periodistas de Galicia. Escribiu Aprende que é a empresa sen perderte na economía (1997) e colaborou no volume colectivo De profesión, periodista. Homenaje a Diego Bernal (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante medieval hispánica do antropónimo masculino Matías. Consérvase como apelido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, seis dados de prata, cos seus puntos, postos en dous paos de tres. Outra variante leva escudo cuartelado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, cunha árbore de sinople; segundo e terceiro cuartel, de azul, cun castelo, de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, unha aciñeira de sinople, coas landras de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Iniciouse na música de xeito autodidacta, e compuxo a súa primeira obra Poema de réquiem (1979) con texto de Celso Emilio Ferreiro. Participou nos estudios de música electroacústica da Radio Finlandesa (1981) e da Academia de Música de Cracovia (1982). Dos premios que recibiu destacan o da Tribuna Internacional Gaudeamus (1981) por Polifonías I (1980-1981), o Cristóbal Halffter de Composición para Órgano (1983), por Afónica (1983), o da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982), en 1983, e en 1984 por Adieux (1983), e o do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España, (1984) por Nachtmusik III (1983). Taméndestacan as obras Viaje de Invierno (1980-1986) e Lubilaeum (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, escritor, orador e sacerdote. Foi catedrático de Retórica e Psicoloxía no Instituto Jovellanos de Gijón (1883) e de Literatura Preceptiva no instituto de Ourense (1884-1941). Profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Ourense, pertenceu á Real Academia de la Historia, á Real Academia Galega e presidiu a Asociación de Prensa de Ourense e o Ateneo de Orense. Destacou como orador e realizou importantes estudios de investigación histórica, sobre todo no campo da epigrafía e da numismática. En 1898 comezou a publicación do Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, que dirixiu ata a súa morte, e onde colaborou con destacados intelectuais galegos. Publicou, entre outras obras, Epigrafía romana de la ciudad de Astorga (1903), Cronicón de Idacio (1904), Colección de modelos literarios; con un discurso preliminar acerca del Origen y progresos de la lengua castellana (1907), Elementos de literatura preceptiva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico.   Publicou diversos artigos en revistas nacionais e internacionais e o libro de xénero didáctico Química General. Programa, cuestiones y prácticas de laboratorio en química general.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político guineano. Funcionario colonial desde 1944, foi vicepresidente do goberno autónomo (1964-1968) e presidente da República (1968-1979). En 1972 proclamouse presidente vitalicio pero foi derrocado polo seu sobriño, o coronel Teodoro Obiang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta da escola galego-castelá. Tal vez orixinario de Padrón, estivo activo probablemente ao redor da segunda metade do s XIV e viviu no reinado de Pedro o Cruel. É o autor máis antigo dos que cultivaron a súa lírica con posterioridade aos trobadores galego-portugueses e anterior ao espallamento dos cancioneiros que tivo lugar a partir do segundo cuarto do s XV. Atribúenselle sete composicións en galego, de tema amoroso, que pertencen ao xénero da cantiga. Nestes poemas alterna os versos longos cos de pé quebrado e recorre á annominatio. Por iso e pola súa biografía, no s XV converteuse en arquetipo do poeta amoroso. Foi tratado de forma burlesca no s XVIII, pero a súa figura foi recuperada no Romanticismo, especialmente a partir das obras de Mariano José de Larra, o drama Macías, e o romance histórico El doncel de don Enrique el Doliente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Catedrático de Edafoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Sociedad Española de la Ciencia de Suelo, foi director da ETSI Agrónomos de Lugo e director da Axencia de Calidade Ambiental da Consellería de Ordenación do Territorio. Publicou numerosos traballos de investigación e monografías tanto en revistas nacionais coma estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Foi membro fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores. Ocupou diferentes cargos (1964) na Asociación de Jóvenes Compositores de Bos Aires e a súa obra orquestral Sindy foi escollida para representar a Arxentina nunha tribuna internacional. En 1984 retornou a Galicia. Compuxo obras orquestrais de cámara e para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en Ourense en 1942 para continuar co traballo que Marcelo Macías García desenvolvía a prol do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Entre os seus obxectivos está o fomento do Museo e Arquivo Provincial de Ourense, a xestión dos fondos económicos de ambos os dous centros, e o estudio, investigación e difusión do patrimonio cultural, sobre todo no campo da antropoloxía, a arqueoloxía, a arte, a historia e a bibliografía. O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou con colaboradores como Florentino López Alonso-Cuevillas, Vicente Martínez-Risco, Xoaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela. Publicou o Boletín Auriense entre 1943 e 1953 e os seus anexos, a serie Guías do Patrimonio Cultural e numerosas obras, entre as que destaca Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova (1991). En 1983 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Óptico e político, irmán de Sebastián Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Foi deputado por Ourense nas Cortes por Acción Republicana (1931) e por Izquierda Republicana (1936). Exiliouse en Francia, onde continuou co seu labor científico e docente. Escribiu Estudios generales sobre aberración esférica de orden superior (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e xurista, irmán de Manuel Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Ingresou na carreira xudicial e exerceu como maxistrado, profesión que abandonou para dedicarse á avogacía. Da súa produción xurídica destacan El Régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales (1958) e Las ideas jurídicas del Padre Feijoo (1973). Foi colaborador de diversas publicacións periódicas, como Galicia, Grial e Boletín da Real Academia Galega, en que incluíu artigos sobre os principais escritores galegos, e participou no Galician Programme da BBC. No campo literario, en que se inclúen obras de clara influencia neotrobadoresca e hilozoísta, destacan 14 Nadaliñas 1958-1973, Trébol poético (1943) e Do recuncho amado (1980). Gañou os Xogos Florais de 1945 no apartado de poesía en galego. Foi membro da Real Academia Galega, da que foi elixido presidente (1960), do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo e cofundador da Editorial Galaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO