"Manzaneda" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Pequeno subsistema montañoso da vertente oriental da serra de Queixa, no chamado macizo de Manzaneda. Esténdese polo territorio das parroquias de Cernado, Paradela ambas as dúas no concello de Manzaneda, Pena Petada e Somoza (concello da Pobra de Trives), sobre un contexto litolóxico dominado polo granito e afectado polo modelado glaciar. O seu cumio é o pico da Cabeza Grande, que acada os 1.782 m de altitude, na parroquia de Cernado. En Cabeza de Manzaneda radica a única estación de inverno existente na Comunidade Autónoma, creada en maio de 1972, con pistas habilitadas para a práctica do esquí. Ademais da práctica dos deportes especificamente invernais, a oferta lúdica da estación de montaña diversificouse, favorecida pola introdución de novas disciplinas deportivas e actividades na natureza, e, sobre todo, polo proceso de popularización das vacacións e do tempo de lecer. Deste xeito, Cabeza de Manzaneda converteuse nun centro de ocio aberto todo o ano, que é aproveitado entre outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Manzaneda, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra de Trives, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 18’ 20’’ de latitude N e 7° 14’ de lonxitude O. Limita ao N coa Pobra de Trives (Terra de Trives), Quiroga (Quiroga) e Larouco (Valdeorras), ao L co Bolo (Valdeorras), aoó S con Viana do Bolo e Vilariño de Conso (ambos os dous en Viana), e ao O con Chandrexa de Queixa (Terra de Trives). Abrangue una superficie de 114,6 km2cunha poboación de 1.069 h (2007), distribuída nas parroquias de Cernado, Cesuris, Manzaneda, Paradela, Placín, Reigada, Requeixo, San Martiño de Manzaneda, San Miguel de Bidueira e Soutipedre. A capital é o lugar de Manzaneda, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, situada a 186 km de Santiago de Compostela e a 83 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial de Pobra de Trives.
    Xeografía física
    Situado en pleno macizo central ourensán, o seu relevo divídese claramente en tres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha flor de lis de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Manzaneda. Puido erixirse cara ao s XII e pertenceu aos condes de Lemos. Despois de que fora destruída nas Guerras Irmandiñas, no s XVI recuperou a súa forma. Do conxunto orixinal consérvanse restos da muralla, tamén coñecida como A Cerca e onde destaca o arco da Porta da Vila e parte da torre da homenaxe. A muralla presenta unha anchura media na base de 5 m e na coroación de 2’5 m. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Sistema montañoso que se localiza no SL de Galicia, na provincia de Ourense, cunha altitude media superior aos 1.300 m. Está formado polas serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas e os montes do Parque Natural do Invernadeiro. Globalmente non ten unha dirección definida. Limita ao N co val do Sil, ao S coa depresión de Monterrei, ao SO coa da Limia, ao L coas de Valdeorras e O Barco, e ao O coa de Maceda. O seu cumio localízase en Cabeza de Manzaneda e acada os 1.782 m de altitude. A litoloxía está composta por migmatitas, xabre e granito de dúas micas. O seu relevo é o resultado de diversos factores, como a diversidade litolóxica, a alteración terciaria, a morfoxénese fluvial, o glaciarismo e o periglaciarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Manzaneda baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO