"Mateo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 36.
-
PERSOEIRO
Prateiro e gravador en cobre. A súa aprendizaxe puido facerse no mosteiro de San Martiño Pinario, (Santiago de Compostela) onde parece que houbo neste século un taller de gravado moi importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e clavecinista. Mestre de Capela na Igrexa Colexial de Logroño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor castelán de ascendencia hebrea. Escribiu o Guzmán de Alfarache (1599), novela picaresca que obtivo inmediata sona e que significou a culminación do xénero, presentando todas as características propias. Escrito en primeira persoa, alterna as digresións morais coa historia da degradación do protagonista e a visión pesimista da condición humana. A segunda parte apareceu no 1604. En México publicou a Ortografía castellana (1609) e a biografía do seu protector Sucesos de Fray García Guerra (1613).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Titulado pola Escola de Arquitectura de Barcelona en 1931, a súa obra está vinculada ao racionalismo. Realizou a casa Caramés na Coruña (1937) e a xoiería Malde en Santiago de Compostela (1934). Tralo inicio da Guerra Civil fuxiu de España e exiliouse primeiro en Francia, onde estivo no campo de concentración de Argelès e, posteriormente, en México, onde retomou a súa carreira profesional colaborando co arquitecto Félix Candela. Entre 1959 e 1969 dirixiu a revista Vieiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo e discípulo de Mateo Cerezo o Vello. Estableceuse en Madrid no 1641 e traballou no obradoiro de Juan Carreño de Miranda. O seu estilo caracterízase polo colorido e pola beleza das figuras. Da súa obra destaca Desposorios místicos de Santa Catalina (1660), os temas franciscanos plasmados na Aparición de la Virgen a San Francisco (1661), os temas da Madalena reflectidos en Magdalena penitente (1661), e as naturezas mortas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre canteiro. Traballou na ponte da Espiñeira en Vilaronte (Foz) e cara a finais do s XVI trasladouse a Noia, onde traballou na ponte de Don Alonso e construíu a capela da Anunciación, coñecida como capela de Valderrama, en San Martiño de Noia (1606). En 1609 trasladouse á Pobra do Caramiñal chamado por Diego das Mariñas, capitán xeneral do Reino de Galicia, para traballar no pazo de Xunqueiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou en Madrid, Salamanca e París (1913). Cun estilo sobrio, tallou en pedra obras realistas, inspiradas na arte exipcia antiga, cunha temática animalista e bustos, nús e retratos. Legou a maior parte da súa obra ao Estado español.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Cultivou nun estilo sobrio o retrato, o monumento conmemorativo e funerario e o nu. En Córdoba fixo os monumentos a Antonio Barroso e ao Gran Capitán, retrato ecuestre do toureiro Lagartijo, e en Madrid o de Eduardo Rosales. Foi autor do nu Forma (1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e posteriormente en Madrid, con A. Marinas. Competiu con Asorey (1919) polo posto de profesor de escultura anatómica da facultade de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Tres anos máis tarde acadou a praza de profesor de escultura na Escola de Artes e Oficios de Valladolid, aínda que posteriormente a cambiaría pola de Zaragoza, cidade na que se instalou definitivamente. Realizou, entre outros, os monumentos a Pais Lapido (1918), na alameda de Santiago de Compostela, e aos irmáns Prieto (1933) no Carballiño. Destacou tamén como imaxineiro. Participou nas exposicións nacionais de belas artes e recibiu unha terceira medalla en 1912 pola obra Á fin... tarde!.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras e cantería portugués. Traballou, a partir de 1570, na capela maior da igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra e no claustro do mosteiro de Poio. Realizou en Santiago de Compostela o mausoleo do arcebispo Blanco, rematou os engadidos da fachada do Hospital Real e encargouse de deseñar sete capelas da igrexa de San Martiño Pinario (1593) e dous corpos da fachada principal (1597). En 1600 de-señou o muro do convento de San Paio de Antealtares cara á praza da Quintana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joan Josep Martí.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome teóforo hebreo Matithyah ‘don de Iavé’, abreviado en Mathathah, que se adaptou ao grego coa forma Maththaios e ao latín evanxélico como Matthaeus. Presenta a variante Mateu. San Mateo foi un dos doce apóstolos de Cristo e dos catro evanxelistas. É patrón do concello de Trazo e titular de 5 parroquias. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.
-
PERSOEIRO
Emperador de Oriente, fillo de Xoán VI Cantacuceno. Foi asociado ao trono en 1353 e trala abdicación do seu pai (1355) mantívose no poder ata a loita cos serbios, na súa tentativa de apoderarse de Macedonia (1357). Foi feito prisioneiro e aceptou o despotado de Mistra, xunto co seu irmán Manuel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mateo Pérez de Alesio.
-
PERSOEIRO
Escritor. Como membro do grupo Claraboya publicou a súa primeira e única obra poética, Señales de humo (1972). A súa obra narrativa é moi extensa e enmárcase nun universo propio, Celama, onde transcorren as diversas historias. Publicou Memorial de hierbas (1973), Apócrifo del clavel y la espina (1977), La fuente de la edad (1986, Premio de la Crítica e Premio Nacional de Literatura), El expediente del náufrago (1992), La ruina del cielo (1999, Premio Nacional de Narrativa) e El reino de Celama (2003). Ingresou na Real Academia Española de la Lengua en 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Práxedes Mateo Sagasta.
-
GALICIA
Músico e compositor. Comezou a súa carreira musical na década de 1960. Pertenceu á compañía de discos CBS, coa que editou, entre 1970-1973, O lento camiñar e Historia de un amor. Escribiu diversas cancións, das que destacan ‘Noche no estás sola’ e ‘Calle sin tiempo’.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor. Foi o principal representante do estilo protogótico en Galicia, onde viviu e desenvolveu a súa actividade artística. Descoñécese a súa formación, posiblemente adquirida ao longo do Camiño de Santiago, especialmente nas vías francesas. A súa primeira intervención documentada sitúao en 1161 nas obras da ponte de Pontecesures. Un documento de 1168 vincúlao a Santiago de Compostela, onde traballou durante máis de 20 anos como mestre de obras da catedral por encargo de Fernando II, de quen recibiu a cambio unha renda vitalicia. Nesa data iniciou o pórtico da Gloria, única obra súa documentada e principal exemplo do protogótico, imitado posteriormente no pórtico do Paraíso da catedral de Ourense. O seu estilo caracterizouse pola madurez, expresada tanto nos recursos técnicos como iconográficos, e pola utilización de elementos románicos que apuntaban xa algunhas característas do gótico: o emprego de arcos apuntados na separación dos tramos, as bóvedas oxivais, o naturalismo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Apóstolo e evanxelista. De nome orixinario Leví, a súa profesión foi a de recadador de impostos en Cafarnaum ata que decidiu seguir a Xesús Cristo, quen lle adxudicou o nome de Mateo. Escribiu o primeiro dos Evanxeos e trala dispersión apostólica evanxelizou Etiopia. É o patrón do banqueiros. Na súa iconografía represéntase con túnica talar e palio, un libro aberto ou unha pluma na man, un home (atributo persoal, símbolo do seu Evanxeo, que comenza coa xenealoxía humana de Xesús Cristo) e unha macheta, un coitelo, unha lanza ou unha fouce, supostos instrumentos do seu martirio. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico psiquiatra. Profesor de psiquiatría da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, foi coordinador da Unidade de Psicoxeriatría do Hospital Psiquiátrico de Conxo e membro da Sociedad Española de Psiquiatría, da Sociedad Española de Epidemiología Psiquiátrica, da Asociación Galega de Saúde Mental e da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. Escribiu Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega, Suicidio e saúde mental e Demencia senil en Galicia: Epidemiología.
VER O DETALLE DO TERMO