Mateo
Mateo
[ONOM]
Antropónimo masculino que procede do nome teóforo hebreo Matithyah ‘don de Iavé’, abreviado en Mathathah, que se adaptou ao grego coa forma Maththaios e ao latín evanxélico como Matthaeus. Presenta a variante Mateu. San Mateo foi un dos doce apóstolos de Cristo e dos catro evanxelistas. É patrón do concello de Trazo e titular de 5 parroquias. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.