"Metz" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou na corte de Carlomagno, para quen trazou os planos da Capela Palatina de Aquisgrán no 796.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Mosella, situada en Lorena, Francia (123.776 h [1999]). É un importante núcleo industrial centrado na industria alimentaria metalúrxica e de material eléctrico. Tamén destaca o seu porto fluvial situado na confluencia dos ríos Moselle e Seille. Centro do poboado galo dos mediomatrices, no s VII foi núcleo do renacemento carolinxio. Como cidade imperial, Enrique II de Francia conquistouna en 1552. A partir de 1871 pertenceu ao Imperio Xermánico e en 1919 volveu a Francia por medio do Tratado de Versailles. Do seu patrimonio cultural destacan o acueduto de Jouy-aux-Arches, as termas e as igrexas de Saint-Maximin (ss XII-XV), Saint-Vincent (ss XIII-XIV), Saint-Martin (ss XIII-XVI) e a catedral gótica (ss XIII-XVI), as termas e a basílica de Saint-Pierre-de-la-Citadelle (s IV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Contribuíu á difusión do tema do antropocentrismo, entendido a través do manifesto Cristliche Anthropozentrik (Antropocentrismo cristián, 1962). En Glaube in Geschichte und Gesellschaft (Fe na historia e sociedade, 1977), sinalou a dobre estrutura mística e política da teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de briófitos hepáticos, da familia das metzxeriáceas, que se caracteriza por posuír lóbulos ramificados dicotomicamente, un engrosamento central e unhas ás laterais no talo. De distribución cosmopolita, pode atoparse en gran variedade de hábitats.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Cultivou o neoimpresionismo e o fauvismo, e desde 1908 adscribiuse ao cubismo, para volver logo ao realismo. Pintou Femme face et profil (1917) e escribiu, xunto con A. Gleizes, Du cubisme (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás metzxeriáceas.
-
Briófito da familia das metzxeriáceas.
-
Familia de briófitos, da clase das hepáticas, de nervio medio ben definido, cápsula grande, taliformes e cos órganos sexuais dorsais situados sobre ramas ventrais enroladas. O xénero máis importante é Metzegeria.
-