Metzgeria

Metzgeria
[PLANTA]

Xénero de briófitos hepáticos, da familia das metzxeriáceas, que se caracteriza por posuír lóbulos ramificados dicotomicamente, un engrosamento central e unhas ás laterais no talo. De distribución cosmopolita, pode atoparse en gran variedade de hábitats.