Metz
Capital do departamento de Mosella, situada en Lorena, Francia (123.776 h [1999]). É un importante núcleo industrial centrado na industria alimentaria metalúrxica e de material eléctrico. Tamén destaca o seu porto fluvial situado na confluencia dos ríos Moselle e Seille. Centro do poboado galo dos mediomatrices, no s VII foi núcleo do renacemento carolinxio. Como cidade imperial, Enrique II de Francia conquistouna en 1552. A partir de 1871 pertenceu ao Imperio Xermánico e en 1919 volveu a Francia por medio do Tratado de Versailles. Do seu patrimonio cultural destacan o acueduto de Jouy-aux-Arches, as termas e as igrexas de Saint-Maximin (ss XII-XV), Saint-Vincent (ss XIII-XIV), Saint-Martin (ss XIII-XVI) e a catedral gótica (ss XIII-XVI), as termas e a basílica de Saint-Pierre-de-la-Citadelle (s IV).