"Moldavia" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Moldavia (1457-1504). Fillo de Bodgan II, sucedeu ao seu tío Pedro III. Derrotou os turcos en Rahova (1475), pero ante a súa constante ameaza, aliouse con Polonia e Hungría. Non obstante , asinou un tratado (1503) co sultán Baiazet II, polo que Moldavia mantiña a independencia a cambio dun tributo anual. Impulsor do desenvolvemento cultural do seu país, modernizou Suceava, capital do reino, e inspirou Crónica, pola graza de Deus, do país de Moldavia desde que foi establecido (1504), primeira obra literaria secular en eslavo. Pola súa resistencia aos turcos e a reconstrución de numerosas igrexas e mosteiros, o patriarca da Igrexa serbia concedeulle o título de atleta de Cristo e canonizouno en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica do L de Europa, dividida entre Romanía e o estado de Moldavia. Limita ao O cos Cárpatos Orientais, ao N e o L con Ucraína e ao S co curso inferior do río Siret e Ucraína. Ata o s XIII foi poboada, sucesivamente, por romanos, godos, hunos, eslavos, ávaros, búlgaros, maxiares e tártaros. Apareceu como estado feudal baixo Bogdan I (1359-1365), primeiro príncipe independente de Moldavia. Os príncipes sucesivos, especialmente Pedro I (1374-1392) e Alexandre o Bo (1400-1432), conseguiron agrandar o territorio, pero a plenitude non chegou ata Estevo III o Grande (1457-1504), quen derrotou os húngaros (1467) e aos turcos (1475). Desde 1538 quedou sometida aos turcos, e durante os ss XVI-XVIII intensificouse a opresión sobre os labregos (dominación da Sublime Porta). Rematada a Guerra Ruso-turca, (1806-1812) unha parte de Moldavia, Besarabia, foi incorporada a Rusia pola Paz de Bucarest. Despois do derrocamento do réxime turco-fanariota (1821) foi ocupada totalmente por Rusia (1828),...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do L de Romanía, situada entre os Cárpatos e o val do Siret, ao O, e o val do Prut ao L, e que constitúe a fronteira co estado de Moldavia. Ten unha extensión aproximada de 37.400 km2 e comprende a vertente L dos Cárpatos Orientais, que constitúe unha gran reserva de auga para a rexión S, unha zona subcarpática onde hai xacementos petrolíferos e de lignito e, máis ao L, unha sucesión de chairas e altiplanos. En conxunto é unha rexión rica e destaca a agricultura de cereais. A cidade máis importante é Iaşi.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do L de Europa, que limita ao O con Romanía e ao N, ao L e ao S con Ucraína (33.700 km2; 4.285.000 h [estim 2001]). A capital é Chişinău.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O relevo desenvólvese nunha chaira moi desmembrada por vales fluviais e barrancos, e a meirande parte dela está comprendida entre os ríos Dniéster e Prut. No centro atópase a máxima elevación do país, o Kodry de 429 m. Ao N, a paisaxe está dominada pola estepa de Bel’cy, entre os 150 e 200 m de altitude, ao S, a chaira de Budzhak está rota por numerosos barrancos, e ao L atópanse algúns contrafortes dos altiplanos de Volin-Podol’sk. O clima é moderadamente continental, con invernos curtos e veráns prolongados e cálidos. Os ríos máis importantes son o Dniéster e o Prut, e os lagos principais o Beleu e o Drachele. Os bosques son principalmente de follaxe caduca. A agricultura está moi mecanizada e os cultivos máis estendidos son os vitícolas e... -
PERSOEIRO
Voivoda de Moldavia (1528-1546), fillo natural e sucesor de Estevo III de Moldavia. Desexoso de ampliar os seus dominios, enfrontouse a Polonia e foi derrotado en 1531. Inimigo dos turcos, tivo que exiliarse en 1538, aínda que en 1541 recuperou o poder, pero como tributario de Turquía.
VER O DETALLE DO TERMO