"Murray" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
PERSOEIRO
Filósofo, sociólogo e pedagogo norteamericano. Foi profesor e reitor da Columbia University de Nova York (1901-1945) e presidiu a American Academy of Arts and Letters (1928-1941). Militou no partido republicano e presentouse sen éxito ás eleccións presidenciais de 1912 e 1920. Editou Educational Review (1891), e publicou The Meaning of Education (O sentido da educación, 1898), Education in the United States (Educación nos Estados Unidos, 1910) e The Path to Peace (O camiño cara á paz, 1930). No 1931 concedéuselle o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xenetista estadounidense. Estudiou na Universidade de Illinois onde se doutorou en 1907. Logo duns anos de estudo e investigacións, que realizou na estación experimental de Connecticut (1905-1909) sobre a herdanza no trigo, no tabaco e na pataca, exerceu como profesor na Universidade de Harvard dende 1909. Escribiu Mankind at the Crossroads (Humanidade nas encrucilladas, 1923) e Heredity and Human Affairs (Herdanza e casos humanos, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. A partir de 1952 investigou na Universidade de Chicago. En 1955, no California Institute of Technology, traballou sobre as partículas elementais e a táboa periódica dos elementos e deu a coñecer a teoría dos quarks. En 1969 recibiu o Premio Nobel de Física. Publicou The eightfold way (1964), en colaboración con Ne’eman, e o libro de divulgación científico-filosófica The quark and the jaguar (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Defensor da escravitude, na Guerra de Secesión (1861-1865) foi enviado a Reino Unido como delegado dos Estados Confederados de América (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor inglés. Comezou a súa carreira no teatro, con papeis en obras de Shakespeare, para logo pasar ao cine. Participou nos filmes The Promise (1969), Plenty (1985), Richard III (1995), Gods and Monsters (1998) e a triloxía de The Lord of the Rings (2001, 2002 e 2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do L de Australia, o máis longo do país con 2.575 km de lonxitude. Nace nos Alpes Australianos, desde onde colle primeiro a dirección N-S, e despois continúa cara ao NO. Recibe pola esquerda os afluentes que proceden das montañas do N de Melbourne e pola dereita o Lachlan (1.226 km) e o Murrumbidgee (1.680 km). Desemboca no Océano Índico pola baía de Encounter.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta escocés. Coñecido como Hugh Mac Diarmid, foi un dos líderes do renacemento da lírica escocesa moderna e a súa poesía, de estilo vangardista, asociou o nacionalismo escocés e o internacionalismo. A Drunk Man Looks at the Thistle (1926) está considerado como o seu poema máis importante. É tamén autor de Annals of the Five Senses (1923), Sangschaw (1925), First Hymn to Lenin (1931), The Islands of Scotland (1939), In memoriam James Joyce (1955) e The Kind of Poetry I Want (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia escocesa cuns membros que levaron o título de ri (rei), despois de mormaor, e que adoptaron o título condal en 1115. Destacou James Stuart Murray (? 1531-Linlithgow 1570), fillo natural de Xaime V de Escocia, rexente de Escocia (1567-1570) e conde de Murray (1564), que morreu asasinado.
-
PERSOEIRO
Filólogo e lexicógrafo británico. De 1855 a 1885 dedicouse ao ensino. Membro e presidente da Philological Society de Londres, iniciou, en 1876, xunto con H. Bradley, W. A. Craigie e C. T. Onions, a tarefa de redactar o Oxford English Ditionary (orixinalmente New English Ditionary on Historical Principles), que dirixiu ata a súa morte. Os traballos de recompilación de materiais para esta obra comezaron en 1858, coa colaboración R. Ch. Trench, H. Coleridge e F. Furnivall, e o primeiro fascículo publicouse en 1884. Tamén escribiu The Dialect of the Southern Counties of Scotland (1873) e preparou edicións para a Early English Text Society das obras de David Lyndesay e Thomas de Ercildoune.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e oceanógrafo canadense. Foi un dos organizadores e participantes da grande expedición do Challenger. Publicou Report on the Scientific Results of the Voyage of H. M. S. Challenger, 50 volumes, fundamento da oceanografía moderna, e The Depths of the Oceans (1912), en colaboración con J. Hjort.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián estadounidense. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou a interesarse polo campo dos transplantes e practicou implantes de pel aos soldados feridos. A principios da década de 1950 comezou a experimentar con transplantes de ril en cans, e en 1954 realizou o primeiro transplante renal entre dous irmáns xemelgos; posteriormente foi pioneiro na práctica desta técnica en receptores sen parentesco cos doadores e, máis adiante, no emprego de riles de cadáver. Tamén conseguiu progresos na utilización de fármacos e radiacións ionizantes para controlar o rexeitamento do órgano transplantado. En 1964 organizou e puxo en marcha o primeiro rexistro internacional para transplantes de riles. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1990), xunto con E. D. Thomas, polos seus descubrimentos no ámbito do transplante de órganos e células nos seres vivos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueóloga hindú. Naturalizada británica, dirixiu escavacións en Malta e en Menorca e publicou as primeiras memorias sistemáticas de escavacións en poboamentos talaióticos menorquinos coa serie Cambridge Excavations in Minorca: Trepucó (1932-1938) e Sa Torreta (1934). Tamén publicou Ancient Egyptian Legends (1904), The Genesis of Religion (1963) e My First 100 Years (1963).
VER O DETALLE DO TERMO