Xénero de mamíferos, da familia dos mustélidos, que presentan un corpo de pequeno tamaño e alongado, de pelame branco, pardo ou escuro e unha cola máis ou menos longa. A este xénero pertencen as especies M. nivalis, M. putorius, M. erminea e M. lutreola.
Revista publicada na Coruña a partir do verán de 1985. Subtitulada “Boletín del Grupo naturalista Habitat”, dividiuse en tres seccións: entomoloxía, herpetoloxía e ornitoloxía, incluíndo tamén información sobre protección do contorno, educación ecolóxica e divulgación.