ascorbinasa

ascorbinasa

(

s f [BIOQ]

Enzima vexetal que contén cobre. Cataliza a oxidación do ácido ascórbico (vitamina C) en ácido deshidroascórbico, reacción que conleva a destrución da vitamina. É un dos enzimas do grupo das polifenolasas que interveñen no escurecemento enzimático dos alimentos (froitas, hortalizas, etc). A súa acción pódese evitar escaldando os produtos vexetais.

Palabras veciñas

ascona | Ascophyllum | ascórbico, ácido | ascorbinasa | ascós | ascospora | ascostroma