ascorbinasa
ascorbinasa
(
s
f
[BIOQ]
Enzima vexetal que contén cobre. Cataliza a oxidación do ácido ascórbico (vitamina C) en ácido deshidroascórbico, reacción que conleva a destrución da vitamina. É un dos enzimas do grupo das polifenolasas que interveñen no escurecemento enzimático dos alimentos (froitas, hortalizas, etc). A súa acción pódese evitar escaldando os produtos vexetais.