ascórbico, ácido

ascórbico, ácido

(

[BIOQ]

Nome químico da vitamina C. Son uns pos brancos, moi solubles en auga, de sabor ácido, que se funden a 192°C. Oxídase con gran facilidade, sobre todo en medio alcalino e só a forma levóxira ten actividade terapéutica. É un tónico celular e regula os procesos de oxidación-redución na célula grazas á súa transformación reversible en ácido deshidroascórbico. Activa as catalasas e outros enzimas, regula a función protectora dos endotelios e ten influencia na hematopoese e na formación de anticorpos. Relaciónase coas outras vitaminas e coas glándulas suprarrenais. O organismo consome unha maior cantidade del en diferentes circunstancias e por estímulos orgánicos fortes. Adminístrase polas vías oral e parenteral e en doses bastante elevadas nos casos de astenia, anorexia, embarazo, infeccións e outros. As súas fontes naturais máis importantes son as froitas (especialmente os limóns e as laranxas), verduras frescas (especialmente o pemento), o leite, o fígado, etc.

Palabras veciñas

ASCÓN | ascona | Ascophyllum | ascórbico, ácido | ascorbinasa | ascós | ascospora