"NACA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 34.
-
-
-
Relativo ou pertencente á reflexión, especialmente dos sons.
-
reflectido.
-
son anacámptico
eco.
-
-
Curva producida pola reflexión da luz sobre unha superficie, mentres a posición do ollo permanece fixa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para medir a reflexión da luz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Da cor do nácar.
-
-
Que pertence á familia das anacardiáceas.
-
Planta da familia das anacardiáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos da orde das rutais, de distribución tropical e subtropical, cuns cantos xéneros propios de Eurasia. A maioría teñen tecidos resiníferos e o seu exudado é, ás veces, irritante ou velenoso. As anacardiáceas proporcionan taninos, madeira e, sobre todo, froitas (mango) e froitos secos (anacardio, pistacho e outros). En Galicia pódense atopar o escornacabras e o sumagueiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente do aceite da casca do froito do anacardio.
-
-
Relativo ou pertencente ao anacardio, que está confeccionado con anacardios.
-
Confección de anacardios.
-
-
-
-
Árbore de follas alternas, simples e coriáceas, e de flores irregulares, propio de América Central e moi cultivado nos países cálidos pola súa froita, que tamén recibe o nome de anacardio, e pola súa madeira.
-
Pedúnculo carnoso e piriforme do froito do anacardo, zumarento, agridoce, recendente e comestible. Do produto carnoso obtense, por fermentación, unha bebida alcólica. Como froito seco emprégase en repostería e como aperitivo.
-
-
-
Exudado da casca do anacardo. Goma dura de diversas aplicacións como tintas, insecticidas, produtos farmacéuticos, vernices, encadernacións, etc.
-
líquido de anacardio
Líquido que se obtén da pel do froito do anacardo. Os seus principais compoñentes son o ácido anacárdico (90%), un difenol e un produto vesicante. Ten aplicacións técnicas importantes (vernices, plastificantes, insecticidas, tintas, etc).
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo siamés que se atopa unido ao xemelgo unicamente pola parte central do corpo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo Guadimar (4.936 h [1996]). A súa economía é eminentemente agropecuaria, baseada nos cultivos mediterráneos (cereais, vides, legumes, froitas e oliveiras). As actividades industriais redúcense á transformación dos produtos do agro. A vila atópase na liña de ferrocarril de Sevilla a Huelva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e sindicalista anarquista. Organizou a folga xeral de Zaragoza como protesta polo asasinato de Francesc Layret en Barcelona, feito polo que foi condenado; no ano 1939 exiliouse a Francia. Publicou un libro de lembranzas El movimiento obrero español. 1886-1929 (1928) e La CNT, los Treinta y la FAI (1933). Dirixiu Cultura y Acción (1921), Solidaridad Obrera (1922) e El produtor de Blanes (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que coida, adestra e guía un elefante, na India e noutros lugares de Asia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simone del Pollaiolo.
-
PERSOEIRO
Xeólogo e historiador portugués. Formouse na Escola Politécnica (1835) e na Escola do Exército (1855). Foi vicepresidente do Congreso Internacional de Antropoloxía e Arqueoloxía Prehistóricas (1880), no que presentou o relatorio “La grotte de Furninha à Peniche” (A gruta de Furninha en Peniche) co que defendeu a tese do canibalismo dos homes que habitaron o lugar no Neolítico. Colaborou con C. Ribeiro e P. Choffat na Carta Xeolóxica de Portugal. Foi vicepresidente do Comité Internacional de Nomenclatura Xeolóxica. Os seus principais traballos científicos e publicacións foron recollidos por P. Choffat na obra Notice nécrologique sur J. F. Nery Delgado, 1835-1908 (Noticia necrolóxica sobre J. F. Nery Delgado, 1835-1908).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador portugués. Doutor en Historia (1984) e profesor catedrático na Universidade de Coimbra desde 1991, especializouse en museoloxía, arqueoloxía e epigrafía romana. Director do Ficheiro Epigráfico e secretario de redacción da revista Conimbriga. Colaborou, entre outras publicacións, en Revista de Guimarães, Archivo Español de Arqueología, Veleia, Espacio, Tempo e Forma e Studia Historica. Entre as súas obras destacan Divindades indígenas sob o domínio romano em Portugal. Subsídios para o seu estudo (1975), Inscrições romanas do Conventus Pacensis. Subsídios para o Estado da Romanização (1984), Introdução ao estudo da epigrafía latina (1987), Roteiro epigráfico romano de Cascais (1994), Para uma história da água no concelho de Cascais (1995) e Estudos sobre epigrafia (1998). Pertenceu á Associação dos Arqueólogos Portugueses, á Associação Portuguesa de Museologia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio dioico, de ata 4 m de altura, con casca lisa e de cor cinsenta, pólas terminais tinguidas de vermello e follas -de ata 11 folíolos ovado-oblongos- dispostas de xeito alterno. As flores dispóñense en panículas e son unisexuais -pentámeras as masculinas e trímeras as femininas-, de cor vermella, coas anteras púrpuras. Os froitos son drupas vermellas duns 5 mm de diámetro. As pólas terminais adoitan presentar unhas grandes gallas con forma de corno de cabra, de onde procede o seu nome vulgar, provocadas polo himenóptero Pemphigus cornicularis. É propia da rexión mediterránea europea e de Asia Menor que aparece, ata os 1.500 m de altitude, nas ladeiras pedregosas, claros de aciñeirais e, ás veces, en reboleiras. En Galicia está presente en rochedos e en lugares secos calcarios do extremo oriental do país. Emprégase como antidiarreico en infusión ou tamén en po para feridas ou ulceracións cutáneas. Do tronco extráese esencia de trementina, constituída por alfa pireno, ácido...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual, de grandes follas glabras, lustrosas e onduladas, que forman unha roseta basal, e talo de ata 2 m, anguloso e ramificado, acabado nunha panícula de flores verdosas e arredondeadas, agrupadas en glomérulos. As súas follas adoitan comerse cocidas ou refogadas con aceite ou manteiga, como gornición de carnes e peixes, en sopas, en preparacións con ovo (albóndegas, tortillas e revoltos), en pasteis vexetais ou soufflé, e en ensaladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festividade móbil romana que se celebraba no mes de febreiro, antes do día 17, en honor de Fornax, deusa dos fornos. Tiña como obxectivo a purificación dos campos e a consagración dos seus lindes. Existía unha celebración pública, na que participaban as 30 curias, que consistía nun sacrificio no nome do pobo romano. As festas constaban dun sacrificio diante do forno acompañado dun banquete no que a escanda era o elemento principal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Costa Rica (10.141 km2; 279.264 h [estim 1998]). A capital é Liberia (19.500 h [1999]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode acabar ou que tarda moito en acabar.