"NEP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 44.
-
PERSOEIRO
Nome do segundo soberano da I dinastía de Ur, que significa ‘Pai elixido por An’. Fillo de Mesannepadda (‘Heroe elixido por An’), fundador da dinastía contra o 2560 a C, sucédeo á súa morte acaecida contra o 2525. Sábese que mandou construír o templo de Ninhursag en Al-’Ubaid, salientable pola súa decoración. Durante o seu reinado, pouco despois do 2500, subiu Ur-Nanse ou Urninna ao trono de Lagash. Aínda que tivo un pacífico reinado, foi coñecido polo alcume Guerreiro de Nanshe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Foi ministro en diversas ocasións representando ao Partido Federalista ata que no 1850 formou parte do Partido Conservador. Dende o 1856 foi Embaixador en Londres e París. Volveu ao seu país no 1862, onde se proclamou Xefe Supremo da nación; mentres se agardaba a chegada de Maximiliano (1864) foi membro da Rexencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dise dunha medalla, moeda, etc, que non ten inscrición.
-
Libro ou escrito sen título.
-
-
-
Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).
-
Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.
-
Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.
-
Aprobación reservada ao Rei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido comunista nepalí que se conforma como a segunda forza política do país, onde gobernou en dúas ocasións. Creouse en 1949, durante os movementos insurreccionais contra o réxime autocrático Rana. Desde 1988 integrou a totalidade das forzas políticas da esquerda nepalí e engadiu ao seu nome as palabras marxista-leninista unificado. O seu obxectivo principal é a consecución dunha democracia popular multipartidista.
-
PERSOEIRO
Historiador e poeta romano. Despois dunha primeira etapa na que escribiu poesías, dedicouse exclusivamente ao xénero biográfico e á historia, que cultivou con estilo retórico e anecdótico. Entre as súas obras destacan De viris illustribus (Sobre os homes ilustres), unha colección de biografías de homes célebres, e De excellentibus ducibus exterarum gentium (Sobre os eminentes xefes dos pobos estranxeiros), na que se ocupa das vidas de capitáns ilustres de Grecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso do río Dníper.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso de Dniprodzerzhyns’ke.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome ruso de Dnipropetrovs’k.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Foi elixido cónsul (261 a C) xunto con C. Cornelio Escipión. Organizou a flota durante a Primeira Guerra Púnica e conseguiu a primeira vitoria naval sobre os cartaxineses fronte a Milos, preto de Messana. Foi o primeiro triunfo naval da historia de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños, da familia dos serránidos, ao que pertencen algúns meros.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. De orixe belga, formouse na Académie des Beaux-Arts de Bruxelas (1889-1890) e na École des Beaux-Arts de París (1892) con P. V. Galland. En 1893 converteuse en discípulo de Gustave Moreau. Fixo composicións ao aire libre caracterizadas por un sintetismo cromático que anunciaba o fauvismo. Entre outras obras destacan L’espagnol à Paris (O español en París, 1899) e Promenade du dimanche (Paseo do domingo, 1899).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Tribuno da plebe (232 a C), aprobou unha lei sobre o reparto das terras conquistadas aos senóns entre o pobo. Pretor en Sicilia no 227 a C, accedeu ao consulado no 223 a C. Como censor (220 a C), fixo construír o circo Flaminio e a vía Flaminia. No 217 a C foi elixido de novo cónsul e foi derrotado por Aníbal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Federación Nacional de Empresas de Publicidad que agrupa máis de 1.200 asociacións empresariais, tanto territoriais como interrexionais, e empresas individuais. Entre outras funcións, realiza estudios relativos ás cifras de investimentos, fomenta o sistema de libre iniciativa no mercado e promociona o campo publicitario en todos os eidos da sociedade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros, da familia dos piéridos, duns 4 cm de tamaño e tórax robusto cuberto de pelos. A especie máis corrente é a G. rhamni, que son as primeiras bolboretas que aparecen na primavera nas rexións máis frías; o macho é de cor amarela e a femia de cor branca verdosa, moi parecida ás follas cando están en repouso sobre elas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ineptitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de inepto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non ten aptitude para algunha cousa determinada ou para nada.
-
PERSOEIRO
Músico e construtor de instrumentos alemán. Inventou o Panharmonicon, un instrumento mecánico que reproduce os sons dunha orquestra completa, e tamén trompetas para xordos. Apropiouse do invento do metrónomo, de Dietrick Nikolaus Winkel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista alemán. Naturalizado austríaco, foi conde e príncipe de Metternich-Winneburg (1806). Estudou en Estrasburgo (1788-1790) e entrou ao servizo da diplomacia austríaca a partir de 1790. Despois da derrota fronte a Francia, foi chanceler e adoptou unha política conciliadora respecto a Napoleón. Restableceu o poder austríaco en Italia e Alemaña e impuxo un novo equilibrio político europeo no Congreso de Viena (1814-1815). Por medio da Cuádrupla Alianza, tentou opoñerse aos principios da liberdade e autodeterminación dos pobos. A insurrección de Viena de 1848 obrigouno a dimitir.
VER O DETALLE DO TERMO